Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 06 de setembro de 2001 Páx. 11.922

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

ANUNCIO do 2 de agosto de 2001, da Área Provincial da Coruña, polo que se lles require a retirada dos mobles da vivenda sita en Ferrol, polígono de Esteiro, bloque 2, portal 2, 7º D, conta 104, expediente C81/050, a aquelas persoas que acrediten o seu dereito a eles.

Con data do 30 de abril de 2001 procedeuse á recuperación da posesión da vivenda situada en Ferrol, polígono de Esteiro, bloque 2, portal 2, 7º D,

conta 104, expediente C81/050. Esta recuperación é consecuencia do procedemento de desafiuzamento nº 148/2000 seguido contra Celia Novo Martínez e herdeiros e foi resolto con data do 21 de maio de 2001.

Unha vez inspeccionada a vivenda, observouse que existen diversos mobles e útiles que non foron retirados polo seu propietario, polo que, despois de diversas indagacións e descoñecendo o seu domicilio actual, requírense aquelas persoas que puideren ter dereito sobre este mobles para que, unha vez acreditado, os retiren do inmoble no prazo dun mes a partir da publicación deste anuncio. Transcorrido o dito prazo, consideraranse bens abandonados para tódolos efectos, segundo o establecido no artigo 703.1º da Lei de axuizamento civil.

Para proceder á entrega dos útiles deberán dirixirse á Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (edificio de servicios múltiples. Salvador de Madariaga, s/n. A Coruña). Teléfono: 981 18 48 00, expido, asino e selo este anuncio na Coruña, 2 de agosto de 2001.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña