Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 06 de setembro de 2001 Páx. 11.922

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 6 de xuño de 2001, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente 367 de clasificación do monte de Cornes, pertencente ó lugar de Cornes, parroquia de Arcos, concello de Mazaricos.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común tramítase o expediente nº 367, de cualificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Monte: de Cornes.

Comunidade: lugar de Cornes.

Parroquia: Arcos.

Concello: Mazaricos.

Superficie: 10,52 ha.

Lindeiros: norte: desde o punto coñecido como Campo das Leiras ata o punto Tras dos Campos, linda co camiño de Tras dos Campos, que o separa

de propiedades particulares de Cornes. Leste: desde o punto Tras dos Campos ata a paraxe denominada Campo da Fonte, xunto ó lugar de Cornes, linda co camiño de Riba dos Campos, que o separa de propiedades particulares de veciños de Cornes. Desde o Campo da Fonte segue o muro da leira propiedade de Manuel Beiro ata o punto coñecido como As Raposeiras. Deste último ata o denominado Campo Redondo, linda coa pista do Campogrande, que o separa de propiedades particulares de veciños de Cornes. Sur: remata no Campo Redondo, na encrucillada da pista do Campogrande e a pista do Monte, que o separa de propiedades particulares de veciños de Cornes. Oeste: desde o Campo Redondo, ata o punto onde se xunta a pista do monte co camiño das Pedriñas Negras, linda coa pista do monte, que o separa de propiedades particulares de veciños de Cornes. De aquí ata o Campo das Leiras linda co camiño das Pedriñas Negras, que o separa de propiedades particulares de veciños de Cornes.

En virtude do acordado polo xurado e en cumprimento da orde do instructor, do 6 de xuño de 2001, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 6 de xuño de 2001.

Ana María Díaz López

Secretaria do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común da Coruña

Visto e prace

Alfonso Vázquez-Castro Garma

Instructor