Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 06 de setembro de 2001 Páx. 11.921

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 6 de xuño de 2001, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente 366 de clasificación do monte de Pando, pertencente ó lugar de Pando, parroquia de Torea, concello de Muros.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítase o expediente nº 366, de cualificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Monte: de Pando.

Comunidade: lugar de Pando.

Parroquia: Torea.

Concello: Muros.

Superficie: 112,00 ha.

Estremas: procede do monte Calvos e outros, nº 110 do CUP. Norte: co monte do lugar de Riomao, do piquete 241 do deslindamento do monte Calvos

e outros, ata o Coto Frei Mariño, proximo ó piquete 257, deste ó Coto Ventureira, entre os piquetes 36 e 37 e de aquí segue a orde de piquetes ata o piquete 45. Leste: co rego de San Lourenzo, do piquete 45 ó 54 seguindo a orde de piquetes e con propiedades particulares de veciños de Pando, do piquete 54 ó 71, seguindo a orde de piquetes. Sur: propiedades particulares de veciños de Pando, do piquete 71 ó 123, seguindo a orde de piquetes. Oeste: propiedades particulares de veciños de Pando, do piquete 123 ó 241, seguindo a orde de piquetes.

En virtude do acordado polo xurado e en cumprimento da orde do instructor, do 6 de xuño de 2001, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 6 de xuño de 2001

Ana María Díaz López

Secretaria do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

Visto e prace

Juan Ramón Beneyto Bellas

Instructor