Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 06 de setembro de 2001 Páx. 11.921

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 6 de xuño de 2001, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente 365 de clasificación do monte Pindo, pertencente ós lugares de Sampaio e Boña, parroquia de Roo, concello de Noia.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítase o expediente nº 365, de cualificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Monte: Pindo.

Comunidade: lugares de Sampaio e Boña.

Parroquias: Roo.

Concello: Noia.

Superficie: 20,88 ha.

Lindeiros: é parte dos montes Castelo de Nimo, nº 182 do CUP (19,38 ha), e Colón, nº 174 do CUP (1,50 ha), éste último na parroquia de Lesende, concello de Lousame. Norte: predios particulares de veciños de Liñaio, do piquete 312 ó 322 do deslindamento do monte Castelo de Nimo seguindo a orde de piquetes, monte veciñal en man común dos

veciños de Liñaio, en liña recta do piquete 322 ó 278 e predios particulares de veciños de Liñaio, do piquete 278 ó 282 seguindo a orde de piquetes. Leste: predios particulares de veciños de Liñaio, Toxos Outos e Lesende, do piquete 282 ó 291 do monte Castelo de Nimo, seguindo a orde de piquetes, e deste ó 348 do deslindamento do monte Colón. Sur: estrada Noia-Santiago, predio de Anuncia Tubío, estrada Noia-Santiago e estrada ó encoro. Vai do piquete 548 ó 552 do monte Colón, seguindo a orde de piquetes, deste ó piquete 297 do Castelo de Nimo e do 297 ó 305 seguindo a orde de piquetes deste monte. Oeste: estrada ó encoro, do piquete 305 ó 312 do deslindamento do monte Castelo de Nimo, seguindo a orde de piquetes.

En virtude do acordado polo xurado e en cumprimento da orde do instructor, do 6 de xuño de 2001, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 6 de xuño de 2001.

Ana María Díaz López

Secretaria do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común da Coruña