Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 06 de setembro de 2001 Páx. 11.920

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 6 de xuño de 2001, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente 364 de clasificación do monte de Beba, Agar e Outeiro de Bois, pertencente ós lugares de Beba, Agar e Outeiro de Bois, parroquia de Beba, concello de Mazaricos.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común tramítase o expediente nº 364, de calificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Monte: de Beba, Agar e Outeiro de Bois.

Comunidade: lugares de Beba, Agar e Outeiro de Bois.

Parroquia: Beba.

Concello: Mazaricos.

Superficie: 98,65 ha.

Estremas: é o monte Ruña, nº 103-J do CUP. Norte: parroquia de San Salvador de Colúns, predios de veciños de Outeiro de Bois e Agar e parroquia de S. Salvador de Colúns. Leste: predios de veciños de Outeiro, Agar e Beba. Sur: parroquia de Sta. María de Coiro. Oeste: parroquia de Santiago de Arcos.

En virtude do acordado polo xurado e en cumprimento da orde do instructor, do 6 de xuño de 2001, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989 e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 6 de xuño de 2001.

Ana María Díaz López

Secretaria do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

Visto e prace

Alfonso Vázquez-Castro Garma

Instructor