Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común tramítase o expediente nº 363, de cualificación do monte que ten as características que se indican a continuación:
Monte: Parte do Monte Xalo.
Comunidade: Pª de Celas de Peiro (Culleredo).
Parroquias: As Encrobas e Meirama.
Concello: Cerceda.
Superficie: 47,83 ha.
Estremos: norte: monte veciñal en man común denominado Xalo, propiedade da comunidade veciñal da parroquia de Celas. Leste: estrema do termo do concello de Carral. Sur: montes dos veciños das parroquias das Encrobas e Meirama. Oeste: límite da parroquia de Soandres, no concello da Laracha.
En virtude do acordado polo xurado e en cumprimento da orde do instructor, do 6 de xuño de 2001, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.
A Coruña, 6 de xuño de 2001
Ana María Díaz López
Secretaria do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña
Visto e prace
Juan Ramón Beneyto Bellas
Instructor