Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 06 de setembro de 2001 Páx. 11.919

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 6 de xuño de 2001, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente 362 de clasificación do monte Castelo Grande e Pedregal e Bolantón, pertencente á parroquia de Esteiro, concello de Muros.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común tramítase o expediente nº 362, de cualificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Monte: Castelo Grande e Pedregal e Bolantón.

Comunidade: Pª Sta. Mariña de Esteiro.

Parroquia: Esteiro.

Concello: Muros.

Superficie: 582,62 ha.

Lindeiros: a) Monte Castelo Grande. Coincide co monte Castelo Grande, nº 113 do CUP, Integrado por dúas parcelas, cunha superficie de 121,20 ha.

Parcela 1ª. Norte: con propiedades particulares de Laxe, ata o sitio denominado Costa de Rameira, límite do termo do concello de Outes. Leste: a partir do último punto, coa liña divisoria dos concellos de Muros e Outes e propiedades particulares do lugar de Riomaior. Sur: propiedades particulares de Riomaior. Oeste: coa quinta Riva Tras La Agra, estrada de Esteiro a Silvosa e predios particulares dos lugares de Laxe e Silvosa. Parcela 2ª. Norte, leste e sur: con propiedades particulares do lugar de Riomaior. Oeste: muro da casa de Manuel Nieto e propiedades particulares do lugar de Riomaior. b) Monte Pedregal e Bolantón. Coincide co monte Pedregal e Bolantón, nº 132 do CUP, cunha superficie de 461,42 ha. Norte: Monte Cadaval, Ruña e outros e Bedelo, dos concellos de Mazaricos e Outes, respectivamente. Leste: Rego de Muíño e propiedades particulares dos veciños de Silvosa e Esteiro. Sur: máis propiedades particulares dos veciños de Esteiro. Oeste: Monte Tal, Bornallo e Calvo e outros,

das parroquias de Tal, Abelleira e Torea, respectivamente, e propiedades particulares de veciños de Marselle.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimento da orde do instructor, do 6 de xuño de 2001, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 6 de xuño de 2001.

Ana María Díaz López

Secretaria do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común da Coruña