Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 06 de setembro de 2001 Páx. 11.895

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos forestais, lista B, de conformidade co punto quinto da Resolución do 10 de maio de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 96, do 21 de maio).

O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou, con data do 27 de agosto de 2001, resolucións estimatorias dos recursos formulados respectivamente por José Fernández Parajes, María Valiela Álvarez, José Ángel Ares Gómez e Marta Prieto Blanco, contra a Resolución do 10 de maio de 2001, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo incluídos nas relacións de postos de traballo do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos forestais, de conformidade coas resolucións do 7 de febreiro e do 27 de marzo de 2001, lista B.

Dado que o carácter das resolucións é estimatorio das peticións dos interesados, procede dárlle-la debida publicidade ás modificacións provocadas por estas nas listas publicadas por Resolución do 10 de maio de 2001, no sentido de que deben figurar na lista B para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos forestais, cos datos seguintes:

José Fernández Parajes, DNI: 33332760, lista B, puntuación: 1,320 puntos, no posto número 172 para o ámbito D0000, no posto número 171 para o ámbito D1500, no posto número 168 para o ámbito D2700, no posto número 155 para o ámbito D3200 e no posto número 173 para o ámbito D3600.

María Valiela Álvarez, DNI: 77593626, lista B, puntuación: 1,090 puntos, no posto número 207 para o ámbito D2700.

José Ángel Ares Gómez, DNI: 76.620121, lista B, puntuación: 2,020 puntos, no posto número 88 para o ámbito D0000, no posto número 90 para o ámbito D1500, no posto número 84 para o ámbito D2700, no posto número 78 para o ámbito D3200 e no posto número 89 para o ámbito D3600.

Marta Prieto Blanco, DNI: 34.962.105, lista B, puntuación: 1,770 puntos, no posto número 108 para o ámbito D0000, no posto número 112 para o ámbito D1500, no posto número 106 para o ámbito D2700, no posto número 98 para o ámbito D3200 e no posto número 112 para o ámbito D3600.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.

Esta resolución non afecta as modificacións e/ou exclusións producidas como consecuencia da propia xestión das listas.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou, directamente, o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública