Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 06 de setembro de 2001 Páx. 11.896

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas para a cobertura, con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondentes a postos de traballo incluídos nas relacións de postos de traballo do corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C); lista B.

Rematado o prazo fixado pola Resolución do 5 de abril de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública (DOG nº 75, do 18 de abril), de presentación de solicitudes para a elaboración das listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril; elaboradas as citadas listas pola comisión permanente de selección para postos reservados a funcionarios e relativas ó

corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), correspondentes ó punto B do artigo 12 do devandito decreto.

Efectuada proposta pola citada comisión na correspondente sesión, unha vez elevada esta e de conformidade co establecido na base 6.2 da citada resolución, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as relacións de solicitantes para a cobertura, con carácter temporal mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios do corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C); lista B, da forma que a continuación se indica:

Anexo I: figuran os solicitantes incluídos nas listas.

Anexo II: figuran os solicitantes excluídos nas listas.

Segundo.-Os citados anexos atópanse expostos nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información, o teléfono de contacto é o 902 12 00 12, en horarios das 9 ás 19 horas, de luns a venres, e das 9 ás 4 horas os sábados.

Terceiro.-Os interesados disporán dun prazo de 10 días para a corrección de erros e, se é o caso, formula-las oportunas alegacións, que se dirixirán á comisión permanente de selección de persoal para a cobertura de postos de traballo reservados a funcionarios (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Cuarto.-Os solicitantes que figuran admitidos no anexo I (lista B), estarán obrigados, no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia das listas provisionais, a remitirlle á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante de aboamento da taxa que a continuación se expresa:

5.810 pesetas.

Os que non o fixesen no prazo sinalado serán excluídos automaticamente das listas.

Estarán exentos do aboamento das taxas por dereito de inscrición as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%, logo de xustificación documental.

Unha vez transcorrido o prazo citado con anterioridade, se é o caso, levaranse a efecto as emendas e comprobacións procedentes, do que se dará oportuna publicidade.

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública