Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 06 de setembro de 2001 Páx. 11.895

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación da resolución do concurso de traslados de persoal laboral L-01/2000, publicado por Resolución do 25 de maio de 2001 (Diario Oficial de Galicia número 107, do 4 de xuño).

O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou, con data do 20 de xullo de 2001, resolución estimatoria de reclamación previa á vía xudicial formulada por Mª Cristina Alonso García contra a Resolución do 25 de maio de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se resolve o concurso de traslados do persoal laboral L-01/2000, convocado por Orde do 12 de decembro de 2000.

Dado que o carácter da resolución é estimatorio da petición da interesada, procede darlle a debida publicidade á modificación provocada por esta, na Resolución do 25 de maio de 2001, no sentido de que se debe modifica-la adxudicación de postos cos seguintes datos:

Posto: 1494.

Código: SA.C99.40.301.36170.013.

Denominación: auxiliar de enfermería.

Localidade: A Estrada.

DNI: 35319926.

Apelidos e nome: Alonso García, María Cristina.

Grupo: IV.

Categoría: 003.

Puntos: 25.85.

En consecuencia queda sen efecto a adxudicación do posto nº 1441 (C.P.: SA.C99.40.301.15660.008).

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, cabe formular demanda perante o Xulgado do Social competente, nos termos e prazos fixados nos artigos 10 e 69 e seguintes da Lei de procedemento laboral aprobada polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril (BOE nº 86, do 11 de abril).

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública