Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 06 de setembro de 2001 Páx. 11.878

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do texto do convenio colectivo da empresa Hispanomoción, S.A. nos seus centros de traballo de Ourense-Mosa.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Hispanomoción, S.A. nos seus centros de traballo en Ourense-Mosa (código de convenio nº 3200232), con entrada nesta delegación provincial o día 6 de xuño de 2001, suscrito con data 8 de maio de 2001, dunha parte por Octavio Almendros Sánchez, Antonio Dávila Núñez e Mar Jara Sánchez, en representación da parte empresarial, e doutra polos delegados de persoal, en representación dos traballadores desta.

Esta delegación provincial, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo e demais normas aplicables de dereito común,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 21 de xuño de 2001.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo para a empresa

Hispanomoción, S.A. nos seus centros de traballo en Ourense

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este conveno colectivo afectará a tódolos traballadores da empresa, nos seus centros de traballo de Río Camba nº 6 e rúa Seixalbo nº 20, ambos en Ourense, calquera que sexa a súa condición nela, agás o xerente e o xefe de administración, que, por seren cargos de confianza, acordarán as súas condicións laborais e económicas co Consello de Administración.

Artigo 2º.-Vixencia, duración e denuncia.

Este convenio colectivo entrará en vigor a partir do día 1 de xaneiro de 2001, para tódolos efectos.

A súa duración será de dous anos contados a partir do día 1 de xaneiro de 2001 e finalizará o 31-12-2002.

O convenio quedará denunciado automaticamente ó termo da súa vixencia. Ata que se negocie outro convenio que substitúa o presente manteranse vixentes tódolos artigos do actual.

Artigo 3º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de corenta horas semanais de traballo efectivo, de acordo coa vixente lei.

O horario de traballo será:

Mañá: de 8.30 a 13.30 horas.

Tarde: de 15.30 a 18.30 horas.

O persoal de vendas rexerase polo horario que teña establecido o comercio.

A empresa poderá establecer coas persoas de nova contra tación o horario de traballo máis adecuado ás características do traballo que se vai desenvolver, co respecto á xornada semanal pactada.

En cómputo anual e global acórdase para o ano 2001 un total de 1.800 horas e para o ano 2002 a xornada anual será de 1.792 hora efectivas de traballo.

Para o ano 2001 decláranse festivos os días 18 de maio, 2 de novembro e 7 de decembro. Co obxecto de cumprir coa xornada anual pactada e para garanti-la prestación dun axeitado servicio ós nosos clientes estableceranse as correspondente gardas. Os traballadores que traballen nos citados días poderán desfrutar do descanso equivalente noutro día, de común acordo coa empresa.

Serán aboables e non recuperables os días 24 e 31 de decembro que se declaran festivos no presente convenio.

Artigo 4º.-Vacacións.

As vacacións serán de trinta días ó ano para todos aqueles productores que leven un ano na empresa. Os que non teñan a mencionada antigüidade desfrutarán da parte proporcional que lles corresponda, segundo o artigo 38 do Estatuto dos traballadores.

As vacacións desfrutaranse preferentemente nos meses de verán (xullo e agosto) para o cal se dividirá o cadro de persoal en dúas quendas, de maneira que poidan ser atendidas tódalas seccións de traballo; non obstante, se algún traballador preferise desfrutalas noutra época do ano, poderao facer avisando con quince días de antelación á data de publicación da lista de vacacións no taboleiro de anuncios da empresa.

A lista de vacacións confeccionarase e exporase no taboleiro de anuncios da empresa antes do 30 de maio.

Acórdase conceder 2 días máis ós que as desfruten no primeiro e cuarto trimestre, e un día máis para os que as desfruten no segundo trimestre. Tódolos traballadores da empresa terán dereito a coñece-lo período das súas vacacións cunha antelación de alomenos dous meses da data de inicio.

A empresa resérvase o dereito de poder negociar individualmente o desfrute das vacacións en dous ou máis períodos.

En caso de que o traballador se atope nalgunha situación de IT antes de empeza-lo desfrute das vacacións, estas posporanse, fixándose un novo período de desfrute.

Artigo 5º.-Licencias retribuídas.

O persoal da empresa terá dereito a licencias retriubídas, coa duración que a seguir se relaciona:

En caso de falecemento do cónxuxe, pais, fillo, irmáns consanguíneos ou políticos: 4 días.

En caso de enfermidade grave e hospitalización dos pais, fillos, irmáns consanguíneos ou políticos e cónxuxe: 3 días.

En caso de nacemento dun fillo: 4 días.

E se for necesaria unha intervención cirúrxica: 1 día máis.

En caso de matrimonio de fillos ou irmáns consanguíneos ou políticos: 1 día.

E se a voda é nunha cidade distinta a aquela en que vive: 3 días.

En caso de matrimonio do empregado: 15 días.

Por traslado de domicilio do empregado: 1 día máis.

Artigo 6º.-Permisos non retribuídos.

Todo aquel productor cunha antigüidade de alomenos dous anos terá dereito a un permiso de ata 15 días ó ano, que non serán retribuíbles, sendo condición indispensable para ter dereito a iso solicitalo cunha semana de antelación á data do permiso.

Artigo 7º.-Excedencias.

O traballador cunha antigüidade de alomenos un ano terá dereito a que se lle recoñeza a situación de excedencia voluntaria, por un período de dous anos como mínimo e cinco como máximo.

Cando o traballador se atope na citada situación será condición indispensable para se incorporar ó seu posto que llo comunique á empresa por escrito, cun mes de antelación á data de remate da excedencia.

A empresa virá obrigada a lle concede-lo ingreso na mesma categoría, exista ou non vacante, de maneira inmediata.

O traballador terá un prazo de quince días contados desde a data de remate da excedencia para volverse incorporar ó traballo. Esta incorporación farase con tódolos dereito de antigüidade, categoría, posto de traballo e demais que tiña no momento de causa-la excedencia voluntaria.

O salario será o mesmo que tería en caso de que estivese traballando durante todo o tempo de excedencia. Este período de excedencia voluntaria non se computará para efectos de antigüidade.

Artigo 8º.-Permiso de estudios.

No tocante ós mencionados permisos haberá que se ater ó disposto no artigo 37 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 9º.-Acción sindical.

Os traballadores terán dereito a poder realizar asembleas no seo da empresa, fóra das horas de traballo, sendo condición necesaria comunicarllo á dirección con 24 horas de antelación á data da súa celebración.

A empresa autorizará que ás ditas asembleas asistan representantes das centrais sindicais ás que estivesen afiliados os traballadores.

En canto ás competencias e funcións dos delegados de empresa, haberase que ater ó disposto no Estatuto dos traballadores.

Artigo 10º.-Roupa de traballo.

A empresa entregaralle a cada traballador das seccións de mecánica, chapa e pintura dúas fundas ó ano, nos meses de xuño e decembro.

Ó persoal de recambios, xefes e mestres de taller e recepcionistas, dúas batas ó ano nas mesmas datas.

Artigo 11º.-Axuda escolar.

A empresa aboaralle a cada traballador a cantidade de 568 pesetas (3,41 euros) mensuais por cada fillo que teña e idade escolar -de 4 a 18 anos- durante os meses que dure o curso académico, podendo esixi-la empresa o certificado de estar matriculado no correspondente curso.

Artigo 12º.-Protección á familia.

A empresa aboaralles ós seus traballadores no mes en que contraian matrimonio, a cantidade de 10.650 pesetas (64,01 euros).

Aqueles traballadores que tivesen un fillo discapacitado psíquico ou incapacitado permanentemente para o traballo percibirán a cantidade de 7.081 pesetas (46,88 euros) mensuais por cada fillo que teñan nesa situación.

Polo nacemento de cada fillo, a empresa aboará a cantidade de 10.651 pesetas (64,01 euros).

Artigo 13º.-Complemento de transporte.

Durante a vixencia deste convenio, a empresa aboaralle a cada traballador en concepto de complemento de transporte a cantidade de 11.000 pesetas (66,11 euros) por cada mes de presencia efectiva no traballo para o ano 2001.

Para a efectos da percepción deste complemento, considéranse como días de presencia efectiva no traballo as licencias retribuídas, os accidentes de traballo e a asistencia a cursos convocados pola empresa.

A empresa resérvase o dereito a descontar desta cifra as faltas de asistencia que non sexan polos conceptos anteriormente citados.

Artigo 14º.-Aumentos periódicos por antigüidade.

O persoal afectado por este convenio percibirá aumentos periódicos por anos de servicio, incluído o período de aprendizaxe, consistentes no aboamento de trienios na contía do 5 por cento do salario convenio correspondente á categoría en que está clasificado.

Este dereito consérvase como dereito persoal de tódolos traballadores que estean en cadro de persoal no día da sinatura do convenio de 1999. Por tanto, as novas contratacións non devengarán dereito de antigüidade.

Artigo 15º.-Complemento de prestacións de IT.

Cando por motivos de enfermidade ou accidente, o persoal pase á situación de incapacidade laboral transitoria, a empresa completará as prestacións obrigatorias ata o importe íntegro das súas retribucións e isto durante o tempo en que permaneza na dita situación, sendo sempre de aplicación o artigo 131 da Lei xeral da Seguridade Social, reformada polo Real decreto lei do 21-7-1992 ou normas que a substitúan.

Artigo 16º.-Gratificacións periódicas fixas.

Tódolos traballadores da empresa teñen dereito a percibi-las seguintes pagas extra:

No mes de marzo: 1 paga.

No mes de xullo: 1 paga.

No mes de decembro: 1 paga.

Estas pagas serán equivalentes a unha mensualidade integrada polos seguintes conceptos: salario, antigüidade e mellora voluntaria.

Artigo 17º.-Axuda por xubilación.

Ó se produci-la xubilación dun traballador na empresa, mesmo se esta é voluntaria, recibirá dela o importe de trece mensualidades, iguais cada unha delas á última que o traballador perciba, menos os incentivos.

Artigo 18º.-Axuda por defunción.

En caso de falecemento dun traballador, a empresa queda obrigada a satisfacer ós seus habentes-dereito o importe de doce mensualidades, iguais cada unha delas á última que o traballador percibise, menos os incentivos.

Artigo 19º.-Axudas de custo.

Tódolos traballadores que por necesidades da empresa e por orde dela teñan que efectuar desprazamentos ou viaxes a zonas distintas a aquela en que radique o centro de traballo percibirán as seguintes cantidades:

Axudas de custoDentro da provinciaFóra da provincia

Almorzo318 pesetas

1,91 euros

318 pesetas

1,91 euros

Comida2.652 pesetas

15,94 euros

2.652 pesetas

15,94 euros

Cea2.652 pesetas

15,94 euros

2.652 pesetas

15,94 euros

Pernoita1.380 pesetas

8,29 euros

Cando o horario de traballo pase das 22 horas considerarase axuda de custos completa.

Nos casos en que o traballador teña que durmir fóra do seu domicilio, a empresa pagará o importe da habitación debendo o productor xustifica-lo seu importe mediante a correspondente factura estendida polo hotel.

No caso de desprazamentos prolongados por necesidades da empresa, como asistencia a cursos de formación, fóra da provincia, establécese unha compensación de 1.380 pesetas (8,29 euros) por cada pernoita.

Artigo 20º.-Fondo social.

A empresa concederá anualmente a fondo perdido a cantidade de 99.249 pesetas (596,50 euros) destinadas a atende-los casos de carácter social relativos ós productores dela.

Co fin de administrar estes fondos, pódese crear unha comisión e no seu defecto farao o comité de empresa, pero sendo presidida polo director ou apoderado. O sobrante de cada ano acumularase ás cantidade de anos sucesivos.

Artigo 21º.-Caixa de anticipos.

Créase un fondo de anticipos de 1.772.342 pesetas (10.651,99 euros) destinadas a atende-las necesidades dos traballadores da empresa. Cada traballador poderá solicitar con cargo a este fondo ata un máximo de catro mensualidades do seu salario fixo. A dirección da empresa e os delegados de persoal concederán ou rexeitarán estes anticipos, que deberán ser solicitados por escrito e debidamente xustificados, en función das necesidades urxentes e reais dos traballadores.

Os préstamos non serán gravados por xuros de ningún tipo, e serán reintegrados mes a mes, nun tempo máximo de 12 meses, e que poderá excepcionalmente ser prorrogado a 6 meses máis.

Non pode concederse un anticipo sen ter sido cancelado totalmente outro anterior.

Artigo 22º.-Traballadores con capacidade diminuída.

Cando un traballador quedase diminuído das súas facultades físicas a consecuencia dunha enfermidade ou accidente, a empresa queda obrigada a buscarlle un posto nela, de acordo coas súas posibilidades, respectándose o salario que tivese no momento de pasar á dita situación, e conservando o dereito ós aumentos que afectan a categoría que tivese no momento de se produci-lo feito determinante da diminución da súa capacidade.

Para o persoal de vendas, dadas as especiais características do seu salario, computaranse tódolos ingresos percibidos nos últimos doce meses e dividiranse por doce, sendo a cantidade resultante o salario mensual.

Artigo 23º.-Seguro de vida.

A empresa obrígase a mante-lo seguro de vida xa estipulado e actualmente en vigor, en beneficio dos seus empregados, para os casos de morte ou invalidez. A empresa informará tódolos anos do persoal asegurado e do capital das pólizas.

Artigo 24º.-Ascensos.

Cando se produza unha vacante en calquera das categorías que nese momento existan, as devanditas vacantes serán cubertas por un traballador da empresa, da categoría inmediatamente inferior, logo de informe de cada xefe de departamento. Para este fin créase unha comisión constituída a partes iguais pola empresa e a representación social, para determina-los merecementos de cada traballador.

Os auxiliares administrativos que leven máis de cinco anos na súa respectiva categoría deberán ser ascendidos a oficiais administrativos, se existen tales vacantes; de non ser así asignaráselle o soldo correspondente á dita categoría.

Artigo 25º.-Cláusula de non absorción.

Convense expresamente a non absorción da cantidade que perciban os traballadores actualmente en concepto de mellora voluntaria.

Artigo 26º.-Táboas salariais.

As táboas salariais que rexerán durante a vixencia deste convenio serán para cada categoría laboral as que figuran no anexo adxunto.

Artigo 27º.-Salario convenio.

Para o ano 2001, o salario convenio das distintas categorías que figuran nas táboas salariais do anexo adxunto foron incrementadas nun 3% sobre os salario do ano anterior.

Para o ano 2002, as táboas salariais de 2001 incrementaranse segundo o IPC previsto polo Goberno para o dito ano, máis un 0,5% adicional.

Aumentaranse, así mesmo, tódolos demais conceptos económicos nas mesmas porcentaxes.

Artigo 28º.-Curso de capacitación.

O tempo empregado polo persoal de taller en cursos de capacitación, recomendados pola empresa, será considerado para efectos de incentivos como tempo real traballado, aplicándoselle a el a media de productividade conseguida no resto do mes.

Artigo 29º.-Horas extraordinarias.

As horas que excedan do cómputo anual determinado no artigo 3º deste convenio terán a consideración de extraordinarias, pagándose en función do valor actual.

Artigo 30º.-Sistema de incentivos.

Establecerase un sistema de incentivos que a empresa lle dará a coñecer á representación social, reservándose o dereito á súa modificación cando as condicións do mercado o aconsellen, e sempre segundo o estipulado nos artigos 64 e 41 do Real decreto do 24 de marzo de 1995, que publica o Estatuto dos traballadores.

En vacacións aboaranse os incentivos como se estivese traballando. Para determina-lo importe a cobrar do persoal de servicio, acharase a media dos tres meses anteriores.

Quedará exento desta clásula o persoal do departamento de vehículos novos e de ocasión.

Artigo 31º.-Cesamento por matrimonio.

O persoal que presta servicios na empresa e con motivo de contraer matrimonio cesa nese momento nela terá dereito a un dote equivalente ó importe de tantas mensualidades de soldo convenio máis antigüidade, como anos de servicio teña na empresa, sen que o dito importe poida exceder de oito mensualidades.

Artigo 32º.-Xubilación.

Acórdase a xubilación obrigatoria sempre que se cumpran os seguintes requisitos e compensacións:

a) Que o traballador teña 65 anos.

b) Se ó cumpri-los 65 anos non lle correspondese como pensión o 100% da base reguladora estipulada, poderá continuar traballando o tempo necesario ata acadar esa porcentaxe.

Artigo 33º.-Peugeot rápido.

Créase un novo tipo na empresa denominado Peugeot rápido. Os dous postos de traballo necesarios para prestaren ese servicio terán o seguinte horario:

1. Das 8.30 ás 14.30 e das 16.30 ás 18.30 horas.

2. Das 8.30 ás 12.30 e das 14.30 ás 18.30 horas.

Artigo 34º.-Contratación.

De acordo co artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores, as partes acordan a aplicación da vixencia máxima dos contratos eventuais que se pacte no convenio do sector do comercio do metal da provincia de Ourense.

Artigo 35º.-Revisión salarial.

No caso de que o IPC rexistrase o 31 de decembro de 2001 un incremento respecto ó 31 de decembro do ano 2000 superior ó 3%, procederase ó aboamento da diferencia, con efectos a partir do mes en que o IPC superase o citado 3%.

Para o ano 2002 aplicarase igualmente o establecido no parágrafo anterior se o IPC rexistrado o 31 de decembro de 2002 supuxese un incremento respecto ó 31-12-2001 superior ó incremento salarial pactado para o 2002.

Artigo 36º.-Cláusula derradeira.

Para todo o non previsto neste convenio haberase que ater ó disposto no Estatuto dos traballadores e na demais lexislación complementaria sobre esta materia.

Artigo 37º.-Comisión paritaria.

Para estes efectos queda constituída a comisión paritaria, formada polos delegados de persoal e o mesmo número de representación empresarial.

Artigo 38º.-Empresa de traballo temporal.

A empresa cando contrate traballadores por medio dunha empresa de traballo temporal garantiralles

ós traballadores postos ó seu dispor as melloras económicas recollidas no convenio.

Por parte da representación social:

María del Carmen Feijoo Merino

Eladio Prada Novoa

José López Figueiras

Por parte da empresa:

Octavio Almendros Sánchez

Antonio Davila Núñez

Mar Jara Sánchez

Táboas salariais

Ano 2001

CategoríasSalario

Director134.921 ptas.

810,89 euros

Xefe administrativo123.489 ptas.

742,18 euros

Xefe de vendas113.819 ptas.

684,07 euros

Xefe de servicio113.819 ptas.

684,07 euros

Xefe de recambios112.161 ptas.

674,10 euros

Xefe de sección107.986 ptas.

649,01 euros

Mestre de taller105.550 ptas.

634,37 euros

Oficial de 1ª xefe de equipo103.763 ptas.

623,63 euros

Oficial de 1ª taller100.591 ptas.

604,56 euros

Oficial de 2ª taller98.947 ptas.

594,68 euros

Oficial de 3ª taller97.208 ptas.

584,23 euros

Oficial administrativo103.908 ptas.

624,50 euros

Caixeiro103.908 ptas.

624,50 euros

Auxiliar administrativo97.208 ptas.

584,23 euros

Delegado de vendas100.591 ptas.

604,56 euros

Dependente maior de almacén100.591 ptas.

604,56 euros

Axudante dependente almacén97.208 ptas.

584.23 euros