Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 05 de setembro de 2001 Páx. 11.862

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA HOSPITAL DA BARBANZA

ACORDO do 4 de agosto de 2001 polo que se anuncia a convocatoria de probas de selección de persoal.

En uso das atribucións recollidas no artigo 3 da Lei 10/1996, do 5 de novembro, o Padroado da Fundación Pública Hospital da Barbanza autorizou a convocatoria das correspondentes probas de selección de persoal, baixos os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade, segundo determina o artigo 2 da citada lei. Na súa virtude, a dirección da fundación fai pública a convocatoria de selección de persoal, de conformidade coas seguintes bases:

1. Obxectivo do proceso de selección.

O proceso selectivo ten por obxecto a cobertura con carácter indefinido de determinadas prazas vacantes existentes na Fundación Pública Hospital da Barbanza.

O número de prazas que se cubrirán neste proceso é o que se especifica no anexo I desta convocatoria, con especificación das categorías, áreas de traballo e requisitos básicos de cada unha delas.

2. Aspectos xerais.

2.1. Fases do proceso de selección. O proceso selectivo ten dúas fases. A primeira consistirá nunha proba teórica e/ou práctica de coñecementos comprendidos nos currículos formativos das especialidades correspondentes no caso do persoal facultativo e do psicólogo e sobre algunha ou algunhas das seguintes materias no caso do técnico superior-rama económica:

-Contratación administrativa. A contratación nas fundacións públicas sanitarias.

-Contabilidade financeira. Adaptación do Plan Xeral de Contabilidade ás entidades non lucrativas R.D. 776/1998.

-Matemáticas financeiras.

-Lexislación sobre fundacións. Estatal e autonómica.

-Xestión de subministracións no ámbito hospitalario.

A segunda consistirá na valoración do currículo e unha entrevista regrada. A puntuación de cada unha das fases por categoría especifícase no anexo II e o baremo no anexo III.

2.2. Lugares de información e recollida de solicitudes. Durante todo o proceso de selección a información será facilitada na seguinte oficina de información: Fundación Pública Hospital da Barbanza. Oleiros s/n 15993 Ribeira. Horario das 9 ás 15 horas e das 16 ás 18 horas (de luns a venres). O teléfono de información será o seguinte 981 83 59 76. Os lugares onde se poderán recolle-las solicitudes e instruccións correspondentes a cada categoría profesional serán: oficina de información da fundación, Secretaría Xeral do Sergas, delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde.

2.3. Comisións de selección. Con motivo da selección constituirase unha comisión de selección por cada unha das categorías, que terá por obxecto garantir e supervisa-lo desenvolvemento axeitado do proceso en tódalas súas fases. As citadas comisións estarán constituídas por un presidente, un secretario e alomenos tres vocais, dos cales un deles serao en representación sindical.

En función da categoría profesional, a comisión de selección poderá contar coa colaboración dos asesores que considere oportunos.

Os membros das comisións deberán absterse de intervir, notificándoo á autoridade convocante cando concorra neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico da administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou cando nos seis anos anteriores á convocatoria realizaran tarefas específicas de preparación de aspirantes.

En ningún caso a comisión poderá declarar que superaron o proceso de selección un número superior de aspirantes ó dos postos convocados.

Á finalización do proceso selectivo, a comisión poderá confeccionar unha relación ordenada por puntuación na que figuren os aspirantes que non obtiveron posto, para a súa posible contratación temporal, sempre e cando as necesidades de persoal existentes na empresa o requiran.

2.4. Documentación e reclamacións. Os aspirantes quedan vinculados ós datos que fixeron constar na súa solicitude. O domicilio que figura na solicitude considérase o único válido para os efectos de notificacións, sendo responsabilidade exclusiva do concursante tanto os erros na consignación del como a non comunicación de cambios de domicilio.

Os erros de feito que se advertisen en calquera das fases poderán corrixirse en calquera momento de oficio ou por petición do interesado. Tódalas reclamacións que se realicen durante o proceso de selección deberán enviarse por correo certificado ás comisións de selección ou rexistrarse nas oficinas de información da fundación correspondente. Os prazos de presentación de reclamacións serán de 10 días naturais a partir da publicación das listaxes. As reclamacións que se presenten deberán reflecti-lo nome e apelidos do reclamante, enderezo, teléfono de contacto, código da categoría, área de traballo e motivo da reclamación. As alegacións serán resoltas pola comisión de selección e publicarase unha listaxe complementaria da primeira.

3. Etapas do proceso selectivo.

3.1. Requisitos de admisión: para poder presentarse ó proceso de selección, será obrigatorio o cumprimento dos seguintes requisitos no prazo de presentación de solicitudes:

* Ter cumpridos 18 anos de idade no momento de presentación da solicitude.

* Ser nacional dalgún dos estados membros da Unión Europea ou dalgún país que subscribise tratado internacional nos termos establecidos na disposición única da Lei 17/1993, do 23 de decembro (BOE do 24 de decembro).

* Ter aboados os dereitos de admisión ó proceso.

* Estar en posesión da titulación requirida para poder optar á categoría.

* Non estar inhabilitado para o desempeño de funcións públicas, nin separado mediante expediente disciplinario de calquera das administracións públicas.

Ó se presentaren a este proceso, asúmese que os candidatos coñecen e aceptan as bases da convocatoria.

3.2. Presentación de solicitudes e pagamento dos dereitos de admisión. O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais desde o seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Soamente se admitirán aquelas solicitudes entregadas no dito prazo, sendo excluídas todas aquelas que non cumpran este requisito. Na solicitude figurará o selo xustificativo do ingreso, pagado a nome do candidato.

3.3. Os dereitos de admisión aboaranse, na seguinte conta bancaria, a favor da Fundación Pública Hospital da Barbanza, no número de conta 0182-5947-14-0203333337. A falla de ingreso dos

dereitos de admisión considérase unha causa excluínte. A contía dos dereitos de admisión é de 5.000 pesetas (30,05 euros). Se é o caso, deberase presentar unha solicitude por cada categoría ou área de traballo á que se opte e aboa-los dereitos de admisión para cada unha delas. Os dereitos de admisión non se devolverán en ningun caso.

A documentación entregarase nos lugares indicados no punto 2.2 ou por correo certificado á oficina de información da fundación, nun sobre pechado, de tamaño axeitado (A4 ou similar), sen dobrar, e deberá figurar na solicitude o selo coa data de envío posto na oficina de correos.

3.4. Listaxe de candidatos admitidos e excluídos ó proceso de selección. Publicarase a listaxe provisional de solicitantes admitidos e excluídos do proceso de selección, especificando a causa de exclusión para os afectados. As listaxes publicaranse nos lugares indicados no punto 2.2 da convocatoria.

3.5. Realización da primeira parte do proceso selectivo. Unha vez rematado o período de reclamacións e publicadas as listaxes definitivas, realizarase a proba teórica e/ou práctica, que en ningún caso se celebrará antes do 15 de outubro de 2001.

Tódolos candidatos que acudan á realización da proba deberán leva-lo orixinal do DNI, pasaporte ou permiso de conducir. No caso de non presentar ningún destes documentos non poderá face-las probas. Tódolos candidatos convocados á realización das probas que non se presenten, quedarán inescusablemente rexeitados do proceso de selección.

Unha vez rematada a primeira fase do proceso selectivo, as comisións de selección farán público un acordo coa listaxe de persoas que superaron a dita fase. Cada comisión de selección establecerá o corte na súa lista nun número que como referencia será de cinco persoas por cada posto de traballo que se vai seleccionar, ben que se nalgunha das categorías, a xuízo da comisión, fose necesario seleccionar un número maior de persoas por praza, adoptarán o número de corte mediante acordo previo da comisión, do que se dará axeitada publicidade nas oficinas de información.

Posteriormente abrirán un prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ó da súa exposición, para que os aspirantes acheguen ás oficinas de información da fundación, xunto coa folla de autobaremación que se lles facilitará nos lugares indicados no punto 2.2, a documentación acreditativa dos méritos que aleguen mediante orixinal ou fotocopia compulsada deles. Non é necesario enviar estes documentos no sobre coa solicitude. Previamente á entrevista, realizarase un proceso de validación do currículo autobaremado, no que se comprobará a documentación presentada.

Se algún aspirante non achegase calquera tipo de mérito, a comisión de oficio outorgaralle cero puntos na valoración do seu currículo.

Sen embargo, tódolos aspirantes, sen excepción, que superaran a primeira fase, deberán achegar inescusablemente a fotocopia compulsada do título esixido para o ingreso na categoría correspondente.

Tanto a valoración dos servicios prestados como da formación que compoñen esta segunda fase enténdense referidas ó día de remate do prazo de presentación de solicitudes.

3.6. Realización da segunda fase do proceso selectivo. A entrevista persoal regrada é a segunda fase do proceso de selección de persoal. Nesta proba valorarase aquela información que non é achegada no currículo autobaremado e que é importante para o bo desempeño da actividade profesional. Se un candidato se presentase a dúas ou máis categorías ou áreas de traballo, realizará unha entrevista por cada unha delas.

Os convocados a esta fase deberán presentarse nas oficinas de información, co orixinal do DNI, permiso de conducir ou, no seu defecto, pasaporte.

3.7. Publicación das listaxes finais. Unha vez comprobadas polas comisións as baremacións achegadas, e realizadas as entrevistas persoais, expoñeranse ó público as listaxes que comprendan as puntacións dos aspirantes en tódalas fases do proceso selectivo, así como a puntuación total de cada un deles. Contra a baremación, os aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación perante a comisión no prazo de dez días naturais contados a partir do seguinte ó da súa exposición.

Á vista das reclamacións achegadas e realizadas, se é o caso, as oportunas correccións, a comisión publicará o acordo que conteña a relación de aspirantes definitivamente seleccionados, coa puntuación total acadada por cada un deles.

O sistema de desempate efectuarase en prol dos aspirantes que obtiveran maior puntuación na proba teórica e, de persisti-lo empate, dirimirase en prol do aspirante coa maior puntuación no epígrafe de experiencia profesional e, de ser necesario, a maior idade do aspirante.

3.8. Contratación das persoas seleccionadas. A Fundación Pública Hospital da Barbanza procederá á contratación laboral indefinida cun período de proba dos candidatos seleccionados a través deste proceso. Os postos de traballo que permanezan vacantes pola renuncia das persoas seleccionadas cubriranse de xeito correlativo por aquelas que obteñan a seguinte puntuación na listaxe definitiva de seleccionados, poderanse declarar desertos aqueles postos de traballo nos que non se atope a persoa adecuada para ocupalos.

Ribeira, 4 de agosto de 2001.

Salustiano González Vinagre

Director da Fundación Pública Hospital da Barbanza

ANEXO I

Fundación Pública Hospital da Barbanza

CategoríaÁrea de traballoTitulaciónPrazas

FacultativoXinecoloxía e obstetriciaEspecialidade en xinecoloxía e obstetricia3

FacultativoPediatríaEspecialidade en pediatría2

FacultativoTraumatoloxía e cirurxía ortopédicaEspecialidade en traumatoloxía e cirurxía ortopédica1

CategoríaÁrea de traballoTitulaciónPrazas

FacultativoLaboratorioEspecialidade en análises clínicas1

FacultativoAnestesia e reanimaciónEspecialidade en anestesia e reanimación1

FacultativoCirurxía xeral e dixestivaEspecialidade en cirurxía xeral e dixestiva1

FacultativoRadioloxíaEspecialidade en radiodiagnóstico3

FacultativoUrxenciasLicenciatura en medicina e cirurxía con habilitación en medicina familiar ou comunitaria5

FacultativoReumatoloxíaEspecialidade en reumatoloxía1

PsicólogoPsicoloxía infantilEspecialidade en psicoloxía clínica1

Técnico superiorAdministración-rama económicaLicenciatura económicas, empresariais ou administración de empresas1

ANEXO II

Fases do proceso de selección e puntuación de cada unha delas

Puntos%

1ª faseProba teórica e/ou práctica200
Total 1ª fase20050
2ª faseCurrículo100
Entrevista regrada100
Total 2ª fase20050
Total400100

ANEXO III

Baremación do currículo

1. Formación continuada:

A. Facultativos de urxencias:

A.1. Especialidade:

Especialidade en médico de familia vía MIR: 20 puntos.

Outras especialidades vía MIR: 15 puntos.

Especialistas por outras vías: 5 puntos.

A puntuación máxima deste primeiro epígrafe de formación continuada será de 20 puntos.

A.2. Cursos, relatorios e publicacións:

* Cursos acreditados, sempre que teñan un contido relacionado cas funcións propias da categoría á que se opta: por cada 20 horas ou 2 créditos: 0,05 puntos.

* Ponencias ou comunicacións a congresos nacionais: 0,025 puntos.

* Publicacións nacionais: 0,025 puntos.

* Publicacións, relatorios ou comunicacións internac.: 0,05 puntos.

A puntuación máxima deste segundo apartado de formación continuada será de 18,50 puntos

A.3. Doutoramento.

* Tese de licenciatura ou exame de grao: 1 puntos.

* Suficiencia investigadora: 4 puntos.

* Grao de doutor: 4 puntos.

A puntuación máxima deste terceiro epígrafe de formación continuada será de 9 puntos.

A puntuación máxima do epígrafe de formación no seu conxunto será de 47,50 puntos.

Será necesario achegar orixinal ou fotocopia compulsada dos títulos con expresión, se é o caso, do número de créditos ou horas acreditadas da acción formativa.

B. Resto de facultativos e psicólogo.

B.1. Especialidade.

* Especialidade vía MIR ou PIR: 20 puntos.

* Especialistas por outras vías: 5 puntos.

A puntuación máxima deste primeiro epígrafe de formación continuada será de 20 puntos

B.2. Cursos, relatorios e publicacións:

* Cursos acreditados, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta: por cada 20 horas ou 2 créditos: 0,05 puntos.

* Ponencias ou comunicacións a congresos nacionais: 0,025 puntos.

* Publicacións nacionais: 0,025 puntos.

* Publicacións, relatorios ou comunicacións internac.: 0,05 puntos.

A puntuación máxima deste segundo epígrafe de formación continuada será de 18,50 puntos

B.3. Doutoramento.

* Tese de licenciatura ou exame de grao: 1 puntos.

* Suficiencia investigadora: 4 puntos.

* Grao de doutor: 4 puntos.

A puntuación máxima deste terceiro epígrafe de formación continuada será de 9 puntos

A puntuación máxima do epígrafe de formación no seu conxunto será de 47,50 puntos.

Será necesario achegar orixinal ou fotocopia compulsada dos títulos con expresión, se é o caso, do número de créditos ou horas acreditadas da acción formativa.

C. Técnicos superiores.

C.1. Cursos, relatorios e publicacións.

* Cursos acreditados, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta: por cada 20 horas ou 2 créditos: 0,05 puntos.

* Relatorios ou comunicacións a congresos nacionais: 0,025 puntos.

* Publicacións nacionais: 0,025 puntos.

* Publicacións, relatorios ou comunicacións internac.: 0,05 puntos.

A puntuación máxima deste primeiro epígrafe de formación continuada será de 28,50 puntos

C.2. Doutoramento.

* Tese de licenciatura ou exame de grao: 1 puntos.

* Suficiencia investigadora: 4 puntos.

* Grao de doutor: 4 puntos.

A puntuación máxima deste segundo epígrafe de formación continuada será de 9 puntos

A puntuación máxima do epígrafe de formación no seu conxunto será de 37,50 puntos.

Será necesario achegar orixinal ou fotocopia compulsada dos títulos con expresión, se é o caso, do número de créditos ou horas acreditadas da acción formativa.

2. Experiencia profesional:

A. Facultativos de urxencias:

* Por cada mes completo de servicios prestados como médico de urxencias hospitalarias nunha institución pública sanitaria: 0,4 puntos.

* Por cada mes completo de servicios prestados como médico de urxencias hospitalarias nunha institución sanitaria privada: 0,25 puntos.

* Por cada mes completo de servicios prestados noutras especialidades médicas en institucións públicas sanitarias: 0,2 puntos.

* Por cada mes completo de servicios prestados noutras especialidades médicas en institucións sanitarias privadas: 0,1 puntos.

Será necesario achegar orixinal ou fotocopia compulsada da certificación de servicios prestados ou, no seu defecto, copia compulsada dos contratos acompañados de certificación de vida laboral.

A puntuación máxima será de 50 puntos.

B. Resto de facultativos e psicólogo:

* Por cada mes completo de servicios prestados en igual ou similar categoría á que se opta nunha institución pública sanitaria: 0,4 puntos.

* Por cada mes completo de servicios prestados en igual ou similar categoría en centros residenciais prestadores de servicios sociais de titularidade e xestión pública: 0,25 puntos.

* Por cada mes completo de servicios prestados en igual ou similar categoría en institucións sanitarias privadas: 0,2 puntos.

Será necesario achegar orixinal ou fotocopia compulsada da certificación de servicios prestados ou, no seu defecto, copia compulsada dos contratos acompañados de certificación de vida laboral.

A puntuación máxima será de 50 puntos.

C. Técnicos superiores:

* Por cada mes completo de servicios prestados en igual ou similar categoría á que se opta nunha institución pública sanitaria: 0,4 puntos.

* Por cada mes completo de servicios prestados en igual ou similar categoría noutras institucións públicas non sanitarias: 0,25 puntos.

* Por cada mes completo de servicios prestados en igual ou similar categoría en institucións privadas: 0,2 puntos.

Será necesario achegar orixinal ou fotocopia compulsada da certificación de servicios prestados ou, no seu defecto, copia compulsada dos contratos acompañados de certificación de vida laboral.

A puntuación máxima será de 60 puntos.

3. Lingua galega:

* Pola realización do curso de iniciación á lingua galega ou validación: 1 punto.

* Pola realización do curso de perfeccionamento da lingua galega ou validación: 2,5 puntos.

Será necesario achegar orixinal ou fotocopia compulsada do título ou da certificación de validación.

A puntuación máxima será de 2,5 puntos.