Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 05 de setembro de 2001 Páx. 11.861

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SOUTOMAIOR

CONVOCATORIA de concurso de anteproxectos para construcción da obra de ampliación da Casa do Concello de Soutomaior.

Obxecto: é obxecto deste concurso a presentación de anteproxectos para a futura construcción da ampliación da Casa do Concello de Soutomaior.

Concursantes: tódolos arquitectos/as superiores, individualmente ou en equipo, que acrediten estar habilitados para o exercicio da súa profesión en España.

Prazo de presentación de anteproxectos: un mes contado desde o día seguinte ó da publicación da convocatoria no último dos diarios oficiais nos que se publique (BOP e DOG).

Premios:

1º premio: o encargo do traballo en misión completa (básico e de execución e dirección da obra).

2º premio: un accésit de 300.000 pesetas.

3º premio: un accésit de 200.000 pesetas.

Documentación: as bases reguladoras do concurso están á disposición de tódolos interesados nas dependencias administrativas do Concello de Soutomaior e nas delegacións do COAG de Galicia.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Soutomaior, 20 de xullo de 2001.

Agustín Reguera Ocampo

Alcalde