Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 05 de setembro de 2001 Páx. 11.861

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión do 25 de xuño de 2001, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización de vía en Lamas-O Carril,

promovido por Antonio Paz Rodríguez e redactado polo enxeñeiro de camiños Julio Amado Silva.

De conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o citado proxecto de urbanización sométese a información pública polo prazo dun mes, a partir da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo os interesados examina-lo expediente nas oficinas municipais de secretaría e presentar alegacións ou reclamacións dentro do mesmo prazo.

Vilagarcía de Arousa, 2 de xullo de 2001.

Joaquín J. Gago López

Alcalde