Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 05 de setembro de 2001 Páx. 11.861

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SOUTOMAIOR

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno deste Concello, en sesión do día 26 de xullo de 2001, aprobou inicialmente o estudio de detalle da parcela sita na confluencia das rúas Coutada, no seu lado leste, e Cabadiña, polo seu lado norte, presentado por Promolar 2000, S.L. e redactado polo arquitecto Manuel Díaz Rial.

Durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examina-lo seu contido na Secretaría do Concello de Soutomaior e presenta-las alegacións que considere convenientes.

Soutomaior, 27 de maio de 2001.

Agustín Reguera Ocampo

Alcalde