Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 05 de setembro de 2001 Páx. 11.860

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO ROSAL

ANUNCIO.

Aprobados polo órgano municipal competente os proxectos técnicos e os pregos de condicións económico-administrativas, anúnciase o concurso público urxente, polo procedemento aberto, que rexerá na contratación das obras que no punto 2 se indican. Exponse ó público durante o prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, para que poidan presentarse reclamacións, aínda que a adxudicación se suspenderá polo tempo que sexa necesario no caso de formularse reclamacións.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello do Rosal.

b) Dependencia: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Saneamento nos Lagos. Orzamento de execución: 11.886.314 pesetas.

b) Acceso a núcleos de poboación Poza D'Agua.

A Cumieira. Orzamento de execución: 11.514.642 pesetas.

c) Reforzo do abastecemento de auga no núcleo do Calvario. Orzamento de execución: 17.483.692 pesetas).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación.

Os sinalados no punto 2.

5. Garantías.

Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello do Rosal.

b) Domicilio: praza do Calvario, nº 1.

c) Localidade: O Rosal.

d) Teléfono: 986 62 50 00.

e) Fax: 986 62 60 34.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó do remate de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: acreditar solvencia económica, financeira e técnica.

8. Presentación de ofertas.

En man ou por correo no rexistro do concello, ata as 14 horas, durante os 13 días naturais seguintes ó da publicación do presente anuncio no DOG.

Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de condicións. Formularanse proposicións económicas por cada unha das obras.

En relación ó sobre B dos documentos, no suposto de que unha empresa se presente a máis dunha obra, poderá presentar un sobre B único.

Lugar de presentación: Concello do Rosal, praza do Calvario, 1.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día seguinte ó da apertura de proposicións.

9. Apertura das proposicións.

Realizaraa a mesa de contratación na forma indicada no prego. Se o día coincide en sábado ou festivo, a apertura farase o seguinte día hábil.

10. Gastos dos anuncios.

Por conta do adxudicatario.

O Rosal, 6 de agosto de 2001.

O alcalde

Rubricado