Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 05 de setembro de 2001 Páx. 11.859

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MALPICA DE BERGANTIÑOS

ANUNCIO.

O Pleno, en sesión do día 18 de xuño de 2001, aprobou definitivamente por unanimidade o proxecto de reparcelación do lugar Fonte do Fraile, sito en Canido, Malpica de Bergantiños, promovido por Carmen Negreira Regueira, en representación dos herdeiros de Santiago Vidal Rodríguez.

Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo, no prazo dun mes, que se computará desde o día seguinte ó da súa notificación, perante o mesmo órgano que o dictou (ó abeiro do disposto polos artigos 116 e 117 da Lei 4/1994, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común).

Tamén se poderá contra esta resolución interpoñer, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo perante a orde xurisdiccional contencioso-administrativa, sen prexuízo da facultade de interposición do recurso extraordinario de revisión para os supostos e prazos previstos polo artigo 118 da citada lei.

Malpica de Bergantiños, 2 de xullo de 2001.

José Ramón Varela Rey

Alcalde-presidente