Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 05 de setembro de 2001 Páx. 11.859

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOECHE

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o 19 de xullo de 2001, acordou aprobar inicialmente o cambio de capitalidade deste municipio de Moeche que pasará do lugar de Pereiro (parroquia de San Xurxo) ó lugar de San Ramón (parroquia de San Xoán).

O que se expón o público, en cumprimento do disposto no artigo 49.2º da Lei 5/1997, de administración local de Galicia, polo prazo de trinta días para que os particulares ou entidades que se sintan prexudicados poidan presentar reclamacións.

Moeche, 23 de xullo de 2001.

Xulio Cribeiro García

Alcalde