Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 05 de setembro de 2001 Páx. 11.858

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Por acordo da Comisión de Goberno, en sesión do 27 de xuño de 2001, aprobouse a forma de adxudicación mediante concurso, da asistencia técnica para a prestación dos servicios complementarios e de colaboración á xestión recadatoria municipal, en período executivo e para a xestión administrativa e recadación das multas de tráfico, consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: a prestación da asistencia técnica para a prestación dos servicios de colaboración coa xestión recadatoria municipal da totalidade dos ingresos municipais, tributarios ou non, susceptibles de seren xestionados en período executivo, xa sexan impostos, taxas, contribucións especiais, prezos públicos, ingresos de dereito privado e calquera outro recurso que constitúa fonte de financiamento da Facenda local, así como a xestión e recadación das multas de tráfico en período voluntario e executivo.

b) Prazo de execución: o prazo de duración do contrato será de dous anos desde a data da súa sinatura, prorrogable por mutuo acordo expreso das partes, sen que a duración total do contrato, incluídas as prórrogas, poida exceder de catro anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Tipo de licitación. Colaboración en vía de constrinximento:

-O 20% do principal da recadación líquida.

-O 50% dos xuros de demora.

Colaboración integral na xestión administrativa das multas de tráfico:

-O 30% da recadación líquida voluntaria, que se incrementaría nun 10% en vía de constrinximento.

5. Garantías:

Provisional: 1.000.000 de pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86, 982 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

b) Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de condicións.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, oficina de rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197, planta baixa.

3ª Localidade e código postal: Lugo, 27002.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª planta).

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o terceiro día hábil (agás sábado) posterior ó remate do prazo de presentación das proposicións.

10. Outras informacióins: as que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 16 de xullo de 2001.

José Antonio Mourelle Cillero

Secretario xeral en funcións

Visto e prace

José C. López Orozco

Alcalde