Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 05 de setembro de 2001 Páx. 11.849

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto denominado L.M.T.-C.T.-R.B.T. Cortegada-Enviande (concello da Estrada), a favor da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. (Expediente 134/1999 A.T.).

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 31.6º do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, fáiselles saber a tódolos interesados afectados pola execución do proxecto da liña de referencia, que foi declarada, en concreto, de utilidade pública, o cal leva implícita a urxente ocupación

dos bens e dereitos afectados por resolución desta delegación do 26 de xuño de 2000 (artigo 54.1º da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico), que o día 20 de setembro de 2001, a partir das 10 horas, procederase sobre o terreo ó levantamento das actas previas á ocupación correspondentes ós predios situados no municipio da Estrada, sinalados cos números:

Predios: 1-65.

Hora: 10.

Día: 20-9-2001.

Así mesmo, os interesados serán notificados mediante cédula individual que se lles practicará coa debida anticipación legal, da data e hora nas que, para cada un deles terá lugar a dita dilixencia.

Para os ditos actos poderán ir acompañados polo seu perito ou dun notario pola súa conta, se así o consideran conveniente, conforme o artigo 52.3º da lei citada.

Vigo, 23 de xullo de 2001.

P.D. (Resolución 20-7-2001)

Carmen Girón Daviña

Secretaria provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 99/134. Provincia: Pontevedra.

L.M.T.-C.T.-R.B.T. de Cortegada-EnviandeTermo municipal: A Estrada.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

33/aPenizasMonte altoJosé Couceiro FollenteToxeira-Souto, 18

36684 A Estrada

19274

65Fonte de ArribaMonte baixoManuela Picallo CerviñoXeneral Rubín, 13-2º D

26001 Pontevedra

1056

64Fonte de ArribaPradoManuela Picallo CerviñoXeneral Rubín, 13-2º D

26001 Pontevedra

22

50RociñasPradoRpta. fiscal da Audiencia Provincial de Pontevedra

Descoñecido. Rpte.

18117

39PortoenviandeMonte altoManuel Fariña SueiroPaseo de Colón, 15

36002 Pontevedra

25406