Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 31.6º do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación
forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, fáiselles saber a tódolos interesados afectados pola execución do proxecto da liña de referencia, que foi declarada, en concreto, de utilidade pública, o cal leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados por resolución desta delegación do 25 de marzo de 1999 (artigo 54.1º da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico), que o día 25 de setembro de 2001, a partir das 10 horas, procederase sobre o terreo ó levantamento das actas previas á ocupación correspon
dentes ós predios situados no municipio de Baiona, sinalados cos números:
Predios: 1-5.
Hora: 10.
Día: 25-9-2001.
Así mesmo, os interesados serán notificados mediante cédula individual que se lles practicará coa debida anticipación legal, da data e hora nas que, para cada un deles terá lugar a dita dilixencia.
Para os ditos actos poderán ir acompañados polo seu perito ou dun notario pola súa conta, se así o consideran conveniente, conforme o artigo 52.3º da lei citada.
Vigo, 26 de xullo de 2001.
P.D. (Resolución 20-7-2001)
Carmen Girón Daviña
Secretaria provincial de Pontevedra
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados
Expediente: 98/156. Provincia: Pontevedra.
L.M.T. derivación Baredo.Termo municipal: Baiona.
PREDIOS PROPIETARIOS AFECCIÓN
Solo Voo
Nº Lugar Cultivo Nome e apelidos Enderezo nº apoio m ml m
Descoñecido. Rpta. Iltmo. Sr.
1 Siñal Monte alto Rpta. Fiscal da Audiencia de Pontevedra
2 14 224