Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 05 de setembro de 2001 Páx. 11.848

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación de permiso de investigación San Luis, no concello da Estrada (provincia de Pontevedra), por parte de Fomento de Mármoles y Granitos, S.L.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que Fomento de Mármoles y Granitos, S.L., con domicilio en r/ Montserrat, 4, A Coruña, presentou nesta delegación provincial, o día 26 de xaneiro de 2001, instancia-solicitude de permiso de investigación San Luis de 9 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal da Estrada, da provincia de Pontevedra, e que lle correspondeu ó nº 2937 da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

VérticesLonxitudeLatitude

18º 22' 20''42º 44' 20''

28º 21' 40''42º 44' 20''

38º 21' 40''42º 43' 00''

48º 22' 40''42º 43' 00''

58º 22' 40''42º 43' 20''

68º 22' 20''42º 43' 20''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, para que, calquera que se considere interesado, interpoña a súa reclamación

no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial, pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 12 de xullo de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra