Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 05 de setembro de 2001 Páx. 11.848

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o outorgamento da concesión derivada do permiso de investigación denominada Laxe da Cruz, 2732.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que con data 28-5-2001 a Dirección Xeral de Industria, outorgou a Áridos de Puenteareas, S.L., a concesión derivada do permiso de investigación chamada Laxe da Cruz nº 2732 de seis cuadrículas mineiras para recursos de granito áridos, que se sitúa no termo municipal de Ponteareas, da provincia de Pontevedra, sendo as súas coordenadas xeográficas as seguintes:

VérticesLonxitudeLatitude

18º 33' 20''42º 12' 20''

28º 32' 20''42º 12' 20''

38º 32' 20''42º 11' 40''

48º 33' 20''42º 11' 40''

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 12 de xullo de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra