Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 05 de setembro de 2001 Páx. 11.848

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 90/2001).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, A Coruña.

Denominación: L.A.T. 66 kV Mesón-A Grela variante tramo subterráneo entre os apoios nº 285 e nº 289.

Situación: A Coruña.

Descricións técnicas: modificación da instalación eléctrica existente denominada L.A.T. 66 kV Mesón-A Grela consistente en: substituír tramo aéreo entre os apoios nº 285 e nº 289, implantando os novos apoios 286A e 288A para pasos aéreo-subterráneos con torres metálicas en celosía e autoválvulas de protección e conductor subterráneo baixo tubo de 600 m de lonxitude, tipo R.H.Z.1 de 66 kV e 3x(1x630) mm Al, en gabia de 1,6 m de profundidade e 1,2 m de largo; instálase tamén cable de fibra óptica tipo Pirelli-OPSYCOM ASDL de 24 fibras para comunicacións. O tramo subterráneo discorrerá por vías da urbanización Valaire, no lugar de Altamira. A Coruña.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 10 de xullo de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña