Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 05 de setembro de 2001 Páx. 11.839

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (282/2001).

Eu, Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 282/2001, por instancia de Diego Varela Gómez,

contra a empresa Transmisiones Coruña, S.L., sobre despedimento, nos que recaeu auto de aclaración de sentencia en data que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Auto. Parte dispositiva: procedea a aclaración solicitada, e, en consecuencia, a resolución quedará do teor literal seguinte:

Decido que, estimando a demanda promovida por Diego Varela Gómez contra a empresa Transmisiones Coruña, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ó demandante con data 1-4-2001 e, así mesmo, extinguida a relación laboral o día de hoxe, condenando a demandada a que indemnice ó demandante na cantidade de 631.849 pesetas, e ó aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación desta resolución a razón de 5.000 pesetas diarias.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de interpoñelo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que, ó tempo de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba perante esta Xulgado do Social o resgardo acreditativo de ter depositado no Banco Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado número identificador 5605, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia, debendo consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta coa clave 65, entregándose o resgardo na secretaría ó tempo

de interpoñe-lo recurso, declarándose este desistido de non constituírse tal depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo».

Así, por esta miña sentencia da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Transmisiones Coruña, S.L. expido e asino esta cédula na Coruña, o 1 de agosto de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado