Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 05 de setembro de 2001 Páx. 11.839

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (120/2001).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 120/2001, seguidos por instancia de Germán Pérez Barros contra Grupo MV Recambios, S.L. sobre salarios, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 27-6-2001, coa seguinte parte dispositiva:

Que estimando a demanda interposta por Germán Pérez Barros, contra a empresa Grupo MV Recambios, S.L., debo condenar e condeno a dita demandada a que faga o pagamento ó demandante da suma de 1.337.546 pesetas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra a referida sentencia cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse ante este xulgado no prazo de cinco días, contados a partir da notificación desta resolución, e no propio termo, se o recorrente fose patrón, deberá amosar resgardo acreditativo de ter feito o depósito na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao-Vizcaya, da cantidade obxecto da condena, identificador 5602-60, e o depósito especial de 25.000 pesetas, na mesma conta, identificador 5602-65, requisitos sen os cales non poderá terse por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para lle sirva de notificación a Grupo MV Recambios, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido en avda. Finisterre esquina estrada Bens, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 24 de xullo de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado