Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 05 de setembro de 2001 Páx. 11.838

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONT.-ADMTIVO., SEC. 2ª)

EDICTO (5766/1997).

Isabel Freire Corzo, secretaria da sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, certifica que no recurso 5766/1997, interposto por Salli Enver contra resolución do Goberno Civil de Pontevedra do 4-3-1997, sobre expulsión do territorio nacional a recorrente, con data do 3 de maio de 2001, recaeu a sentencia que na súa parte dispositiva di o seguinte:

«Decidimos: desestimámo-lo recurso contencioso-administrativo interposto por Salli Enver contra a expulsión do recorrente do territorio nacional, acordada por resolución do gobernador civil de Pontevedra do 4 de marzo de 1997, sen facer imposición das custas».

E para que conste co fin de que lle sirva de notificación a Salli Enver, expido e asino este edicto na Coruña o vintetrés de xullo de dous mil un.

Rubricado