Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 05 de setembro de 2001 Páx. 11.826

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 31 de xullo de 2001 pola que se autoriza o cambio de titularidade do centro privado Astarté de Carballo (A Coruña).

Examinado o expediente iniciado polo centro privado Astarte de Carballo (A Coruña), polo que se solicita o cambio de titularidade,

Resultando que mediante escritura pública notarial, Jorge Manuel López Rodríguez cede a súa titularidade, para tódolos efectos, a Aurejor, S.L.,

Resultando que o referido centro docente ten a correspondente autorización para impartir ensinanzas,

Vistos o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; o Decreto 133/1995,

do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve,

Considerando que se cumpriron neste expediente os requisitos esixidos pola normativa vixente nesta materia,

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de titularidade do centro privado Astarté de Carballo (A Coruña) a favor de Aurejor, S.L. con tódolos dereitos e obrigas contraídos polo cesionista Jorge Manuel López Rodríguez, sen prexuízo das responsabilidades que puidesen recaer sobre o anterior titular do centro por actos ou omisións realizados antes do cambio de titularidade que se autoriza.

O cambio de titularidade non afectará o réxime de funcionamento do centro.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria