Examinado o expediente iniciado polo centro privado CEBEM de Vigo, polo que se solicita o cambio de titularidade,
Resultando que mediante escritura pública notarial, José Antonio López Antes cede a súa titula-
ridade, para tódolos efectos, a Centro de Estudios Bancarios, Económicos y Mercantiles, S.L.,
Resultando que o referido centro docente ten a correspondente autorización para impartir ensinanzas,
Vistos o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve,
Considerando que se cumpriron neste expediente os requisitos esixidos pola normativa vixente nesta materia,
Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,
DISPÓN:
Autoriza-lo cambio de titularidade do centro privado CEBEM de Vigo a favor de Centros de Estudios Bancarios, Económicos y Mercantiles, S.L. con tódolos dereitos e obrigas contraídos polo cesionista José Antonio López Antes, sen prexuízo das responsabilidades que puidesen recaer sobre o anterior titular do centro por actos ou omisións realizados antes do cambio de titularidade que se autoriza.
O cambio de titularidade non afectará o réxime de funcionamento do centro.
Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2001.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria