Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 04 de setembro de 2001 Páx. 11.818

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

O Pleno do Concello, na sesión do día 16 de xullo de 2001, aprobou inicialmente a modificación do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU) no ámbito do solo urbanizable non programado número 40 (SUNP-40) do monte Vidán, segundo o proxecto formulado polos servicios técnicos municipais en maio de 2001.

Así mesmo, na mesma sesión, o Pleno da Corporación acordou deixar sen efecto o procedemento iniciado para a modificación do PXOU no ámbito do SUNP-40, segundo o proxecto que fora aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación o día 30 de setembro de 1999.

A modificación aprobada ten por obxecto principal adapta-las determinacións establecidas no vixente PXOU para o desenvolvemento do SUNP-40 ó proxecto do paso a distinto nivel no nó de Vidán (clave N/AC/90.6.1), aprobado en novembro de 2000 pola Administración titular da estrada C-543.

En cumprimento do que dispón o artigo 42.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2001.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde