Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 04 de setembro de 2001 Páx. 11.817

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2001 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Entidade adxudicadora: Concello de Santiago de Compostela.

Obxecto do contrato: este contrato ten por obxecto o alleamento mediante concurso, por procedemento aberto, das parcelas de titularidade municipal situadas no primeiro sector do SUNP-37 de Amio, con destino a uso industrial.

Orzamento de licitación: o tipo de licitación será o fixado, para cada parcela, no anexo I do prego de condicións que rexe esta licitación, de acordo cos seguintes prezos por metro cadrado edificable:

-Parcelas con coeficientes 1,00 e 1,00: 8.000 pesetas/m.

-Parcelas con coeficientes 1,10 e 1,15: 10.200 pesetas/m.

-Parcelas con coeficientes 1,15 e 1,15: 10.600 pesetas/m.

O tipo de licitación que se fixa no referido anexo aplica os prezos citados engadindo o IVE ó tipo do 16%.

Proposicións: lugar e prazo de presentación: deberán ser presentadas de 9 a 14 horas, no rexistro xeral do concello, no prazo de vinteseis días naturais, que comezará a contar e entenderase aberto desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación de cada unha das parcelas. En caso de optar a máis dunha parcela, constituiranse fianzas independentes para cada unha delas.

Apertura de ofertas: terá lugar na casa do concello ás 12 horas do segundo día hábil, non sábado, seguinte á finalización do prazo de presentación das proposicións.

Documentación: información: Concello de Santiago de Compostela (Departamento de Contratación-Servicios). Teléfono: 981 54 30 33, fax: 981 57 76 27. Documentación: Copy Nova, r/ Rúa Nova de Abaixo, nº 12, local 4. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 59 23 93.

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2001.

O alcalde

Rubricado