Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 04 de setembro de 2001 Páx. 11.817

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2001 referente á convocatoria para prover por quenda libre unha praza de peón do servicio de xardinería incluída no cadro de persoal laboral fixo.

No BOP de Ourense nº 147 con data do 28 de xuño de 2001, publícanse integramente as bases para a provisión de prazas que quedaron vacantes na oferta de emprego público do ano 2000.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP de Ourense e no taboleiro de anuncios do concello.

San Cibrao das Viñas, 23 de xullo de 2001.

Elisa Nogueira Méndez

Alcaldesa