Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 04 de setembro de 2001 Páx. 11.817

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

RESOLUCIÓN referente á convocatoria para cubrir varias prazas de funcionarios de carreira.

No BOP da Coruña, número 156, do 9 de xullo de 2001, publícanse integramente as bases da convocatoria para cubri-las prazas de funcionarios de carreira que se citan a seguir:

Persoal funcionario de carreira:

Número de prazas: unha de traballador social, encadrada na escala de administración especial, subescala técnica, grupo B.

Número de prazas: unha de cabo da policía local, encadrada na escala de administración especial, subescala de servicios especiais, grupo D.

Número de prazas: unha de garda da policía local, encadrada na escala de administración especial, subescala de servicios especiais, grupo D.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP da Coruña e no taboleiro de edictos deste concello.

Sada, 12 de xullo de 2001.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde