Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 04 de setembro de 2001 Páx. 11.816

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

ANUNCIO do alleamento de inmoble.

En cumprimento do acordo plenario de data 9-8-2001 e do disposto no artigo 78 do R.D.L. 2/2000, do 16 de xuño, do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e 326 da Lei 7/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia, faise pública a licitación para o alleamento do seguinte inmoble municipal:

1. Obxecto: alleamento, compravenda, do inmoble municipal sito na rúa Rodríguez Murias, nº 20.

2. Tramitación: ordinaria.

3. Procedemento: aberto.

4. Sistema de adxudicación: poxa.

5. Prezo tipo: trinta millóns de pesetas, equivalentes a cento oitenta mil trescentos tres con sesenta e tres céntimos (30.000.000 de pesetas/180.303,63 euros).

6. Prazo de formalización: un mes.

7. Fianza provisional: cincuenta mil pesetas (50.000 pesetas).

8. Fianza definitiva: excluída.

9. Presentación de ofertas: durante os 15 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG, cos requisitos do artigo 7 do prego de condicións, presentándoas no rexistro do concello ou remitíndoas por correo, comuncicándoo neste caso mediante telegrama ou fax.

O prego de condicións económico-administrativas particulares e a descrición técnica do inmoble está á disposición de tódolos interesados nas oficinas xerais do Concello de Ribadeo, pza. de España nº 1, 27700 Ribadeo-Lugo, tlfno. 982 12 86 50, fax 982 13 09 75, horario de atención ó público de 9 a 14 horas de luns a venres.

10. Modelo de proposición.

Don/Dona..., veciño de..., con enderezo en..., titular do DNI..., en nome propio (ou en representación de..., conforme acredito con poder verificado na súa suficiencia), informado/a da poxa aberta tramitada polo Concello de Ribadeo para a adxudicación da compravenda do inmoble municipal sito na rúa Rodríguez Murias, nº 20, manifesta coñece-lo prego de cláusulas administrativas, que integramente

acepta e comprométese a adquiri-lo inmoble por un prezo de...pesetas (en letra e número), oferta que manterá por un prazo de.... Ribadeo, ... de ... de 2001.

11. Apertura de proposicións: realizarase pola mesa de contratación en acto público, segundo a cláusula 9 do prego, dentro dos 10 días seguintes ó de remate de presentación de ofertas e logo de convocatoria ós licitadores.

Ribadeo, 23 de agosto de 2001.

José Carlos Rodríguez Andina

Alcalde