Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 04 de setembro de 2001 Páx. 11.818

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILALBA

ANUNCIO.

O Concello de Vilalba adxudicou, mediante resolucións e nas datas que a seguir se sinalan, as seguintes obras:

a) Prestación do servicio de mantemento da zona recreativa da Madanela, á empresa Xardinería Terra Cha, S.L., (Resolución do 20 de marzo de 2001).

b) Proxecto básico e de execución de reforma e adaptación de edificio existente para sede do Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba, a José Sanjurjo Construcciones, S.L., (Resolución do 15 de maio de 2001).

c) Prestación de servicios de axuda a domicilio do Concello de Vilalba, á empresa Axuda a Domicilio Terra Cha, S.L.L. (Resolución do 30 de marzo de 2001).

d) Remodelación da praza de San Xoán, incluída no Pan provincial 2001. A Serafín de la Fuente Cao, Cholo, S.L. (Resolución do 23 de maio de 2001).

e) Iluminación pública en Morcelle, A Igrexa (Árbol); iluminación pública en Román, iluminación pública en Vereda, Gardado e Pegos (Árbol), iluminación pública en Carballido, á empresa Guitec, S.L. (Resolución do 29 de maio de 2001. Plan provincial 2001).

f) Iluminación pública en Goiriz, a Cosme Santomé Insua, Plan provincial 2001 (Resolución do 10 de xullo de 2001).

O que se fai público para efectos de lle dar cumprimento ó establecido no artigo 93.2º do Real decreto 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Vilalba, 26 de xullo de 2001.

O alcalde

Rubricado