Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 04 de setembro de 2001 Páx. 11.814

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CATOIRA

ANUNCIO de aprobación definitiva de modificación do planeamento urbanístico.

En sesión celebrada o día 28 de agosto de 2001, o Pleno da Corporación, logo de informe favorable da Dirección Xeral de Urbanismo, aprobou definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias do planeamento consistente nun cambio das actuais aliñacións ó longo da estrada C-550, o que se expón ó público de acordo co disposto no artigo 48 e concordantes da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Catoira, 29 de agosto de 2001.

Alberto García García

Alcalde