Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 04 de setembro de 2001 Páx. 11.813

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CASTRO DE REI

ANUNCIO de contratación.

Acordo da Comisión de Goberno do 7 de agosto de 2001 polo que se anuncia concurso con procedemento aberto e por trámite de urxencia para a contratación das seguintes obras:

1ª Abastecemento de auga na zona sur do concello. (Obra nº 0014 do P. Prov. de Cooperación ás O.S. Municipais-2001).

2ª Renovación, pavimentación e dotación de servicios, na rúa que desde a travesía de aviación española enlaza coa praza maior. (Obra nº 0015 do P. Prov. de Cooperación ás O.S. Municipais-2001).

Tipo de licitación IVE incluído:

a) Para a primeira obra: 6.840.000 pesetas.

b) Para a segunda obra: 12.000.000 de pesetas.

Fianzas:

a) Para a primeira obra: definitiva: 273.600 pesetas (4% do tipo).

b) Para a segunda obra: definitiva: 480.000 pesetas (4% do tipo).

Ámbalas dúas poderán constituírse en calquera das formas admitidas na actual normativa de contratación.

Plicas: durante os 13 días naturais a partir do último anuncio no BOP de Lugo ou no DOG. Se o último día fose inhábil ou sábado, o prazo finalizará o primeiro hábil seguinte.

Apertura de plicas: terá lugar na casa do concello ás 12 horas do quinto día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións (excepto sábados).

Información e obtención de documentación: o modelo de proposición e información sobre a documentación que hai que presentar, así como copia do prego de cláusulas administrativas particulares, poderá obterse nas oficinas municipais do Concello de Castro de Rei, das 9 ás 14 horas. Teléfono: 982 31 40 34, e telefax: 982 31 40 61.

As características peculiares e a documentación para tomar parte no concurso figuran no expediente que consta na secretaría do concello.

Castro de Rei, 22 de agosto de 2001.

Arturo Pereiro Vilariño

Alcalde