Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 04 de setembro de 2001 Páx. 11.813

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO CARBALLIÑO

ANUNCIO.

O Concello do Carballiño, (Ourense), en sesión celebrada o día 23 de agosto de 2001, aprobou inicialmente a modificación do Plan parcial do parque empresarial do Carballiño (Ourense).

De conformidade co disposto no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o dito expediente a información pública, na oficina de obras e urbanismo deste concello, polo prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio, no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que os interesados poidan examina-lo expediente e formula-las alegacións e reclamacións que estimen oportunas.

Simultaneamente, e ó abeiro do artigo 34.2º do citado texto legal, comunícase que as áreas do termo municipal afectadas polo documento de aprobación inicial, ó térense modificado as determinacións do réxime urbanístico, quedan afectadas pola suspensión de licencias de parcelación de terreos, edifi

cacións e demolicións a que se refire o artigo 34.1º da citada Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

O Carballiño, 24 de agosto de 2001.

Manuel Vázquez Fernández

Alcalde