Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 04 de setembro de 2001 Páx. 11.814

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CEE

EDICTO.

Aprobada inicialmente polo pleno corporativo na sesión extraordinaria realizada o día 15 de xuño do ano no que estamos, a modificación puntual das normas subsidiarias e complementarias, segundo o proxecto, realizado pola empresa Adi, Sociedade Gallega de Arquitectura, exponse ó público polo período dun mes, para exame e reclamacións, na secretaría do concello, en horario de 8 a 14.30 horas, en cumprimento do disposto no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Cee, 27 de agosto de 2001.

Ramón Vigo Sambade

Alcalde-presidente accidental