Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 04 de setembro de 2001 Páx. 11.809

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 26 de xullo de 2001 pola que se lle notifica a Aventino Centeno Ramos a resolución de pleno dereito do contrato da súa vivenda, expediente PO 83520, conta 56.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, intentada a notificación no domicilio do interesado (rúa Torrecedeira, 74-2º I, en Vigo), sen que se puidese practicar, notifícaselle a Aventino Centeno Ramos a resolución do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 26 de abril de 2001, pola que se acorda a resolución de pleno dereito do contrato relativo á vivenda de protección oficial da que é adxudicatario, recaída no procedemento de desafiuzamento administrativo por falta de pagamento.

Contra a citada resolución que non é definitiva na vía administrativa cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da presente notificación, conforme o que establecen os artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

De conformidade co disposto no artigo 58.2º da Lei 30/1992, modificada por Lei 4/1999, transcríbese o texto íntegro da dita resolución:

«Expediente de desafiuzamento administrativo. Resolución.

Visto o expediente de desafiuzamento administrativo seguido contra Aventino Centeno Ramos, beneficiario da vivenda obxecto da presente resolución, situada na rúa Torrecedeira, 74-2º I, en Vigo, correspondente ó:

Expediente: PO 83520, conta 56, por incumprimento do contrato canto á falta de pagamento das cotas, con infracción do réxime que regula as vivendas de protección oficial de promoción pública.

Tendo en conta os seguintes:

Feitos.

1. Que a entidade colaboradora na xestión e recadación de vivendas da Xunta de Galicia emite certificado no que se comproba a falta de pagamento dos recibos pendentes por un importe total que ascende a 1.530.017 ptas., na data do 22 de xuño de 2000.

2. Que, a consecuencia do requirimento de pagamento efectuado, recibido o 26-7-2000, comparece María Costa Arca (cónxuxe do titular) e asina un compromiso de pagamento dun recibo actual e tres atrasados tódolos meses.

Comprobándose mediante certificación da empresa recadadora Hnos. Alonso Garrán, de data 28-1-2001, que o compromiso está a ser incumprido, remítese un novo requirimento de comparecencia ó titular da vivenda, que recibe o 18-2-2001, e que non foi atendido.

3. A 2 de abril de 2001, a débeda ascende a 1.551.464 ptas., por falta de pagamento dos recibos seguintes: 1/1989 a 8/1992; 2/1993 a 8/2000; 11/2000 a 3/2001.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para a resolución do presente expediente o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, de acordo co disposto no Decreto 70/1997, de estructura orgánica deste organismo, modificado polo Decreto 258/1999, do 17 de setembro.

2. Os feitos denunciados constitúen causa legal suficiente de resolución de contrato, desafiuzamento e lanzamento da vivenda.

3. Na tramitación do expediente observáronse as normas vixentes contidas nos artigos 138 a 144 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, artigo 30 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, artigos 58, 59 e 96.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, artigo 91.2º da Lei orgánica do poder xudicial, e artigo 8.5º da

Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vistos.

Os preceptos legais invocados e demais normas de aplicación xeral,

RESOLVO:

1. Acorda-la resolución de pleno dereito do contrato e o lanzamento da vivenda, que levará a cabo o funcionario do Instituto Galego da Vivenda e Solo que designe e o representante da entidade colaboradora Hnos. Alonso Garrán, S.L. que se designe, con credencial para o efecto subscrita e asinada polo director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo e coa preceptiva autorización xudicial para a entrada no domicilio de particulares na execución forzosa de actos da administración, incorporada ó expediente e co auxilio das forzas de seguridade do Estado, autonómicas ou locais.

Advírteselle ó interesado que, de conformidade co establecido no Regulamento de VPO, poderá evita-lo lanzamento aboando o total da débeda ca recarga do 10% no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a notificación ou publicación, e achegando xustificante de atoparse ó día coa comunidade de propietarios.

2. A resolución en firme do contrato suporá a prohibición para contratar coa administración nos termos previstos no artigo 20 c) do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Notifíquese a presente resolución ós interesados con expresión dos recursos legais que procedan.

En Santiago de Compostela, o 26 de abril de 2001. Asdo.: José Antonio Redondo López, director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo».

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2001.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e

Solo