Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 04 de setembro de 2001 Páx. 11.810

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

ANUNCIO do 30 de xullo de 2001 polo que se lle comunica a Lácteas Río Tormes, S.L. a procedencia de reintegra-lo importe aboado ó Fondo Español de Garantía Agraria por execución do aval prestado en garantía do pagamento da liquidación correspondente á taxa suplementaria no sector do leite e productos lácteos 1995/1996.

Recibida no Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) solicitude da entidade financeira Caixa Galicia pedindo a execución do aval parcial

subsidiario concedido por este instituto a Lácteas Río Tormes, S.L. en concepto de contragarantía de taxa suplementaria no sector do leite e productos lácteos período 1995/96, e tendo resultado resultado infructuoso o requirimento notarial de pagamento a Lácteas Río Tormes, S.L. practicado no domicilio social coñecido da empresa, sito na estrada de Fornas a Ansuar s/n -Chantada (Lugo), por abandono do mesmo, por medio do presente anuncio notifícase á avalada Lácteas Río Tormes, S.L. a procedencia de reintegrar a Caixa Galicia. O importe por esta aboado ó Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) por execución do aval prestado en garantía do pagamento da liquidación correspondente a taxa suplementaria no sector do leite e os productos lácteos 1995/96.

O importe a reintegrar ascende a 166.213.978 pesetas (cento sesenta e seis millóns duascentas trece mil novecentas setenta e oito pesetas), dos que 135.518.119 pesetas (cento trinta e cinco millóns cincocentas dezaoito mil cento dezanove pesetas) corresponden ó principal da taxa liquidada, e 30.695.859 pesetas (trinta millóns seiscentas noventa e cinco mil oitocentas cincuenta e nove pesetas) corresponden a xuros. Estas cantidades resultan de descontar do importe total aboado ó FEGA por Caixa Galicia e que ascende a 189.739.060 pesetas (cento oitenta e nove millóns setecentas trinta e nove mil sesenta pesetas), das que 154.698.736 pesetas (cento cincuenta e catro millóns seiscentas noventa e oito mil setecentas trinta e seis pesetas) corresponden a principal da taxa liquidada e 35.040.324 pesetas (trinta e cinco millóns corenta mil trescentas vintecatro pesetas) a xuros, 23.525.082 pesetas (vintetrés millóns cincocentas vintecinco mil oitenta e dúas pesetas) pagadas pola avalada, e

das que 19.180.617 pesetas (dezanove millóns cento oitenta mil seiscentas dezasete pesetas) corresponden a principal da taxa, e 4.344.465 pesetas (catro millóns trescentas corenta e catro mil catrocentas sesenta e cinco pesetas) a xuros.

A publicación do presente anuncio iniciará o cómputo do prazo de noventa días naturais establecido no aval do Igape como condición para a súa executabilidade.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2001.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica