Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 04 de setembro de 2001 Páx. 11.785

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (678/2000).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber:

Que nos autos número 678/2000 seguidos por instancia de Manuel Sumay Santiago contra o Inem e outras, sobre prestacións, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia na data 31-7-2001, coa seguinte parte dispositiva:

«Que desestimando a excepción de falta de lexitimación pasiva alegada pola representación da quebra de Edibar, S.L. e estimando a demanda interposta por Manuel Sumay Santiago contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, o Instituto Nacional de Emprego, os síndicos da quebra da entidade Edi

bar, S.L., a empresa Edibar, S.L. e a Tesourería Xeral da Seguridade Social, debo declarar e declaro a nulidade da resolución do Inem de percepción indebida do subsidio por desempego, así como a resolución do INSS do 6 de abril de 2000.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que, contra a referida sentencia cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse ante este xulgado no prazo de cinco días, contados a partir da notificación desta resolución, e no propio termo se o recorrente fose patrón, deberá amosar xustificante acreditatito de ter feito o depósito na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao-Vizcaya, da cantidade obxecto da condena, identificador 5602-60 e o depósito especial de 25.000 pesetas, na mesma conta, identificador 5602-65, requisitos sen os cales non poderá terse por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando na primeria instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Edibar, S.L., que tivo o seu último enderezo coñecido na r/ María Barbeito, 3, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 31 de xullo de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado