Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 04 de setembro de 2001 Páx. 11.786

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (151/2001).

Eu, Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social, número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 151/2001, seguidos por instancia de Carmen María Regueira Veiga e outros contra Prefabricados Gago, S.L. e outro sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data 19-7-2001 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que, estimando en parte a demanda formulada polos demandantes condeno a empresa Prefabricados Gago, S.L. a aboarlles as cantidades seguintes:

Benigno Calviño Presedo: 390.398 de salarios e 461.069 de indenmización; Manuel Rodríguez Luengo: 563.671 de salarios e 812.979 de indemnización; José M. Varela Martínez: 836.183 de salarios e 80.275 de indemnización; Carmen Regueira Vázquez: 386.183 de salarios e 251.332 de indemnización.

Absolvo da demanda o Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza

de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Prevese a empresa demandada que, para recorrer, deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións, código 5604.0000.60 151-2001 do Banco Bilbao Vizcaya esta cidade, denominada contra do Xulgado do Social número tres, o importe da condena e 25.000 pesetas en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso, quedando firme a sentencia.

Así, por esta miña sentencia da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronuncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Prefabricados Gago, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 31 de xullo de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado