Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 04 de setembro de 2001 Páx. 11.785

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (745/2000).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 745/2000, seguidos pola instancia da CIG contra Correos e Telégrafos e outros, sobre outros, a maxistrada-xuíza de este xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia na data 17-7-2001, coa siguiente parte dispositiva:

«Que, desestimando a excepción de incompetencia de xurisdicción presentada e estimando a demanda interposta pola representación da central sindical Confederación Intersindical Galega (CIG), contra a entidade pública empresarial Correos y Telégrafos, e contra Manuel Iglesias Bea, Javier Lamas Sánchez, Manuel Naya Pazos, Juan Manuel Fidalgo Abad, Alexandra Campos Vázquez, Marta del Olmo Fernández, Miguel Ángel Villasuso Pajón, Ana Belén Vázquez Ramudo, Juan Sobrino Josende, Franciso Javier Cancelo Cabezas, María Carbajales Iglesias, Zoraima del Río Rabina, Daniel Capelete Picallo, Juan Marcos Vázquez Rodríguez, Claudina de Santiago Cabodevila, Francisco Javier Castillo Pradera,

Rosa Ana Facal Roca, Roberto Iglesias Vázquez, María Fernández Castaño, Manuel Varela Bello, Ana Veiga Iglesias y Cristina Pérez García, Javier Veiga Iglesias, José Ángel Rey Prieto, Pablo García Rozamontes, Jacobo Andújar Mata, José Manuel Bello Fernández, César Casado Carballal, Lucía Barral Barral, Ana María Borrajo Álvarez, Susana Menéndez San Segundo, Marcos Merelas Iglesias, Emilio Conde Barcia, Javier Joaquín Sigüenza García, José Manuel Núñez Moledo, Luis San Adrián Expósito, Óscar Ríos Vázquez, Raúl Castro Brito e Fernando Otero Calviño, debo declarar e declaro a nulidade dos contratos de traballo subscritos pola entidade pública empresarial Correos e Telégrafos cos traballadores codemandados, condenando á entidade pública Correos e Telégrafos a realiza-la contratación no sucesivo conforme o acordo sobre a provisión de postos de traballo con carácter remporal, isto é, utilizando as listas de contratación e chamando o personal pola orde de puntuación.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que, contra a referida sentencia, cabe o recurso de supliación, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse ante este xulgado no prazo de cinco días, contados desde a notificación desta resolución, cos requisitos esixidos no artigo 191 e seguintes da Ley de procedemento laboral.

Así, por esta a miña sentencia, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asíno».

E para que lles sirva de notificación a Lucía Barral Barral, Pablo García Rozamontes, Jacobo Andújar Mata, José Manuel Bello Fernández, José Ángel Rey Prieto, Emilio Gómez Barcia, Susana Menéndez San Segundo, Fernando Otero Calviño e Javier Joaquín Sigüenza García que tiveron o seu último domicilio coñecido en c/ Alcalde Casas, s/n, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 17 de xullo do 2001.

O secretario xudicial

Rubricado