Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 04 de setembro de 2001 Páx. 11.773

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2001 pola que se resolve a creación formal e integración de centros bibliotecarios na Rede de Bibliotecas de Galicia.

Vista a proposta do director xeral de Promoción Cultural, en conformidade co establecido no artigo 31 do Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia de bibliotecas, referente á creación de bibliotecas municipais en colaboración coa Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e pola que se regula a integración na Rede de Bibliotecas de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro.-Procédese a crear formalmente e integrar na Rede de Bibliotecas de Galicia os centros bibliotecarios relacionados no anexo, comezando pola Biblioteca Pública Municipal do Concello de Petín e finalizando pola Axencia Municipal de Lectura de Guillade do Concello de Ponteareas.

Segundo.-A resolución favorable de creación e integración estará condicionada á sinatura dun convenio onde se recolla a obriga por parte do centro bibliotecario de prestar un servicio público que deberá axustarse ó estipulado no Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, e que poderá responder nos restantes termos ás especiais características de cada tipo de centros.

Terceiro.-O posterior incumprimento do devandito convenio poderá ser motivo de exclusión temporal ou definitiva do centro bibliotecario de que se trate, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2001.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo

ANEXO

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Petín.-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Paradela.-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Darbo-Cangas.-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Aldán-Cangas.-Biblioteca Pública Municipal do Concello do Hío-Cangas.-Axencia Municipal de Lectura de Escarabote. Concello de Boiro.-Axencia Municipal de Lectura de Canduas. Concello de Cabana.-Axencia Municipal de Lectura de Ameixenda. Concello de Cee.-Axencia Municipal de Lectura de Berdeogas. Concello de Dumbría.-Axencia Municipal de Lectura de Lucín. Concello de Dumbría.-Axencia Municipal de Lectura de San Pedro de Muros. Concello de Porto do Son.

-Axencia Municipal de Lectura de Queiruga. Concello de Porto do Son.-Axencia Municipal de Lectura do Concello de Tordoia.-Axencia Municipal de Lectura Santa Cruz de Ribadulla. Concello de Vedra.-Axencia Municipal de Lectura do Concello de Muras.-Axencia Municipal de Lectura do Concello da Mezquita.-Axencia Municipal de Lectura de Albarellos. Concello de Monterrei.-Axencia Municipal de Lectura do Concello de Rairiz de Veiga.-Axencia Municipal de Lectura do Concello de Vilariño de Conso.-Axencia Municipal de Lectura de Guillade. Concello de Ponteareas.