Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 04 de setembro de 2001 Páx. 11.772

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2001 pola que se resolve a integración de centros bibliotecarios na Rede de Bibliotecas de Galicia.

Vista a proposta do director xeral de Promoción Cultural, en conformidade co establecido no artigo 38 do Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia de bibliotecas, pola

que se regula a integración na Rede de Bibliotecas de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro.-Intégranse na rede de bibliotecas de Galicia os centros bibliotecarios relacionados no anexo, comezando pola Biblioteca Pública Municipal do Concello de Santa Comba e rematando pola Axencia Municipal de Lectura do Concello de Castro do Val.

Segundo.-A resolución favorable de integración estará condicionada á sinatura dun convenio onde se recolla a obriga por parte do centro bibliotecario de prestar un servicio público, que deberá axustarse ó estipulado no Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, e que poderá responder nos restantes termos ás especiais características de cada tipo de centros.

Terceiro.-O prazo de sinatura deste convenio non deberá ser superior ós tres meses. De non cumprirse este prazo deixarase sen efecto a posible resolución favorable e suporá o arquivo definitivo da solicitude.

Cuarto.-O posterior incumprimento do devandito convenio poderá ser motivo de exclusión temporal ou definitiva do centro bibliotecario de que se trate da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2001.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social y Turismo

ANEXO

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Santa Comba.-Biblioteca Pública Municipal do Centro Social do Concello de Boiro.-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Taboada.-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Avión.-Biblioteca Pública Municipal do Concello do Irixo.-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Tui.-Biblioteca Pública Municipal de Portonovo. Concello de Sanxenxo.-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Sanxenxo.-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Villalba.-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Ribadumia.-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Samos.-Axencia Municipal de Lectura do Concello de San Sadurniño.-Axencia Municipal de Lectura San Miguel de Deiro. Concello de Vilanova de Arousa.-Axencia Municipal de Lectura do Concello de Castrelo do Val.