Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 03 de setembro de 2001 Páx. 11.745

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILA DE CRUCES

EDICTO.

Aprobados inicialmente pola Comisión de Goberno, en sesión do 19 de xullo de 2001, os pregos de cláusulas administrativas que rexerán os concursos públi

cos urxentes por procedemento aberto das obras de rede de sumidoiros: Añobre, estrada Besexos e zona industrial, saneamento: Ferreirós, Cumeiro, Igrexa, Cortizada, abastecemento: Penagudín, Obra e Bascuas e acceso a Cumeiro, Ollares, Balboa, Loño e Sobreiras, expoñéndose ó público por un prazo de catro días hábiles, contados a partir da publicación do presente edicto no BOP para os efectos de que os interesados poidan examinalos e formula-las alegacións que consideren oportunas.

Pola súa vez convócanse licitacións públicas para a adxudicación das citadas obras, que quedarían aprazadas no suposto de presentárense reclamacións ós proxectos técnicos ou ós pregos de bases, restablecéndose, o que reste a partir do día seguinte ó da súa resolución.

Obxectos: é a adxudicación, mediante concurso urxente polo procedemento aberto, das obras de:

a) Rede de sumidoiros: Añobre, estrada Besexos e zona industrial.

b) Saneamento: Ferreirós, Cumeiro, Igrexa, Cortizada.

c) Abastecemento: Penagudín, Obra e Bascuas.

d) Acceso a Cumeiro, Ollares, Balboa, Loño e Sobreiras.

Tipos de licitación. Son os seguintes:

a) 10.000.000 de pesetas.

b) 11.873.075 pesetas.

c) 10.000.000 de pesetas.

d) 10.298.736 pesetas.

Prazos de execución: catro (4) meses para cada unha delas, desde a notificación da adxudicación.

Garantías: as provisionais establécense en:

a) 200.000 pesetas.

b) 237.462 pesetas.

c) 200.000 pesetas.

d) 205.975 pesetas.

As definitivas igual ó 4% do importe da adxudicación.

Presentación de proposicións: presentaranse, en sobres individuais para cada unha das obras, na Secretaría do Concello, de 9 a 13 horas, durante o prazo de 13 días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP.

Apertura de plicas: terá lugar ás nove horas do primeiro día hábil seguinte ó que remate o prazo de presentación de proposicións. Se este fose sábado, terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Criterios de adxudicación: serán os fixados na correspondente cláusula dos correspondentes pregos de condicións.

Modelos de proposicións: os recollidos na correspondente cláusula dos pregos individuais de cada obra. Os licitadores presentarán simultaneamente coas proposicións e en sobres pechados os documentos que se indican na referida cláusula.

Gastos: serán por conta do adxudicatario os gastos dos anuncios, así como tódolos derivados do contrato.

Vila de Cruces, 20 de xullo de 2001.

O alcalde-presidente

Rubricado