Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 03 de setembro de 2001 Páx. 11.746

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión de data 28 de xuño de 2001, acordou aprobar inicialmente a modificación do PERI da zona portuaria de Vilagarcía de Arousa e conseguinte modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

De conformidade co establecido no artigo 42 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, sométese o expediente á información pública polo prazo dun mes, contado a partir da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo os interesados examina-lo expediente no Departamento de Urbanismo do concello e presentar alegacións ou reclamacións dentro do mesmo prazo.

Vilagarcía de Arousa, 13 de xullo de 2001.

Joaquín J. Gago López

Alcalde