Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 03 de setembro de 2001 Páx. 11.745

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIANXO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o día 5 de maio de 2001, aprobou definitivamente o estudio de detalle para sinalamento de aliñacións no soar sito no Castelo-Rianxo coñecido como Solar dos Abuín, promovido por Jesús Rial Abuín.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado ou Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 8, 9 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste acordo. Previa e potestativamente poderase interpor recurso de reposición, de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da devandita publicación.

Tamén se poderá interpo-lo recurso extraordinario de revisión, cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no punto 2º do mesmo artigo 118. Todo isto sen prexuízo do dereito dos interesados a formula-la solicitude e a instancia a que se refiren os artigos 102.1º e 105.2º da devandita lei.

Rianxo, 16 de xullo de 2001.

Pedro Piñeiro Hermida

Alcalde