Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 03 de setembro de 2001 Páx. 11.745

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (227/2001).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria celebrada o día 2 de agosto de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o estudio de detalle na zona 2 do SU-2, promovido por Fernando Copa Martínez, na súa condición de presidente da comisión xestora do solo urbano consolidado denominado polígono (zona 2) do SU-2, Rabo de Galo, coas condicións sinaladas no informe do servicio de enxeñería do 12 de xullo de 2001, do que se dará traslado ó interesado.

2. Somete-lo expediente a información pública durante un mes mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos diarios de maior circulación da provincia.

De conformidade co disposto na artigo 44 da Lei 1/1997, do 24 de marzo do 1997, do solo de Galicia, sométese o citado expediente á exposición pública polo prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no DOG, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que coiden pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 22 de agosto de 2001.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente